Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os alumnos cybermentores do IES Fin do Camiño promoven a doazón

Os alumnos cybermentores do IES Fin do Camiño promoven a doazón
Fisterra doa no IES Fin do Camino

Hoxe achegámonos ata Fisterra, e o facemos para coñecer de primeira man os traballos dos bravos alumnos do IES Fin do Camiño. Son protagonistas do completo Proxecto de Aprendizaxe e Servicio, unha forma de aprender de xeito distinto. Comparten información e experiencias con outros centros, a través da Agrupación de Centros de toda España que están a traballar en Proxectos de Aprendizaxe e Servicio Solidario.

Unha proposta que leva aos alumnos a reflexionar sobre cousas tan básicas e ás veces tan alonxadas da educación formal, como a ecoloxía, a solidariedade ou o comportamento individual na internet. En clave medioambiental participan no Proxecto Ríos, que artella Adega en toda Galicia para coñecer a saúde dos nosos ríos. En materia de solidariedade, veñen desenvolvemendo unha campaña de difusión da doazón de sangue. E sobre o comportamento en internet, acaban de sacar un vídeo no que eles mesmos se autodefinen como “cybermentores”, un concepto tan necesario que mesmo debería haber esa figura en cada centro educativo.

#FisterraDoa

Un dos alicerces do proxecto no IES é a campaña de doazón de sangue en Fisterra, co obxectivo de que as persoas se animen a facer máis doazóns nun día determinado (o día aínda está por determinar pero esperan ter una data concreta pronto). Nese día vai vir o Autobús da doazóns e ese mesmo día teñen pensado acodir para explicarlles a importancia de doar a todos os veciños que pasen pola volta.
Ademais están realizando uns carteis e folletos informativos sobre a doazóns.

Esta campaña “ademais de axudar a nosa comunidade nos sirve tamén para aprender sobre o aparato circulatorio, sobre a elaboración de carteis e tripticos, cartas comerciais, os tipos de sangue que pode haber, quen poden doar e as características que debe ter. Ademáis, claro está, da importancia de doar sangue”, valoran os propios alumnos sobre a campaña.

Cybermentores

Fermoso o vídeo xerado polo equipo de Cybermentores do centro fisterrán, sobre unha temática tan global como a rede. Un grupo que traballa na difusión dun comportamento decente na rede, un exemplo fantástico:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios