Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os alumnos de Cabana tamén marisquean no Anllóns

Os alumnos de Cabana tamén marisquean no Anllóns

Ó longo de tres xornadas escolares deste mes de abril, case un cento de alumnso e alumnas de 1º, 2º e 3º de ESO do CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños coñeceron de primeira man o traballo das mariscadoras da enseada da Insua, actividade que se realiza a rentes do centro académico no que cursan estudos estes mozos e mozas.

Esta saída ó contorno, que supón unha aula de coñecemento aberta (non só nas aulas se aprende) desenvolveuse mediante tres accións. En primeiro lugar, visitaron a Casa das Mariscadoras na que puideron observar o funcionamento da depuradora de berberechos, as distintas ferramentas de extracción de bivalbos así como os elementos que compoñen o equipamento dunha mariscadora, ademais de visionar un DVD sobre o proceso de extracción. En segundo lugar, visitaron in situ o traballo das mariscadoras na enseada da Insua. E, por último, gozaron dunha degustación de berberechos do Anllóns.

Próximas citas do programa cabanés

Dentro do programa Entre Marzo e Abril, as próximas citas será o vindeiro luns 11, de 11.00 a 13.00 h, a realización dunha xornada de convivencia entre os maiores do Centro de Día de Neaño e mocidade de Cabana de Bergantiños. Nela, a mocidade poderá comprobar como se desenvolve a vida de dependentes e non-dependentes nun centro de día.

Para o xoves 14 de abril, ás 12.00 h., está concertada a presentación dun Campo de Traballo no que se informará das distintas actividades ambientais e etnográficas que xuventude do Estado español de 18 a 30 anos desenvolverá no entrono do Rego dos Muíños.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Departamento de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Cabana.

Comentarios