Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os alumnos dos Muíños aprenden a vivir co Síndorme de Down

Os alumnos dos Muíños aprenden a vivir co Síndorme de Down

Durante a mañá do luns desenvolveuse no C.E.I.P. "Os Muíños", unha xornada de sensibilización sobre a situación das persoas con Síndrome de Down, baixo o lema "Coñécenos". Partindo dunha tormenta de ideas, na que se desterran tópicos sobre esta discapacidade, Borja Dorado, Laura Fernández e Malu Sánchez, da Asociación Down Coruña trataron de facer que os alumnos e alumnas se puxeran na pel dun compañeiro que ten Síndrome de Down.

A través da experimentacións puideron saber como se sinte unha persoa que ten dificuldades para falar (polo pequeno tamaño da súa boca), intentando comunicarse cos compañeiros cun depresor na lingua, ou tratando de atar uns cordóns ou desabotoar unha chaqueta, facéndoo con luvas de cociña, para así saber as dificultades que ten o seu compañeiro para manipular pequenas cousas.

O alumnado do CEIP Os Muíños, que xa está sensibilizado con estes casos, participou con moita atención en todas as actividades propostas e manifestouse moi satisfeito con todo o aprendido.
Nestas sesións participaron alumnos de 6 a 11 anos (de 1º a 6º de primaria). Todos eles conviven desde hai anos cun alumno con Síndrome de Down, e con outros casos de alumnos con distintas discapacidades, dado que o CEIP "Os Muíños" é o centro de referencia da zona.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da man de Susana Seoane Dovigo, Secretaria do CEIP "Os Muíños".

Comentarios