Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Os avós e as avoas danlle o relevo da lingua aos peques de Corcubión, Dumbría e Ponteceso

Os avós e as avoas danlle o relevo da lingua aos peques de Corcubión, Dumbría e Ponteceso
Moi interesante o programa Nadal en Rede, que este ano artella a Rede de Dinamización Lingüística. A entidade, destinada a promover o uso do galego no lecer destas datas e tamén a galeguizar a súa celebración, trae unha marea de cousas (teatro, música, os Bolechas…) pero sen dúbida, a actividade máis singular é o obradoiro que convirte aos avós e avoas en auténticos trasmisores de lingua e cultura. Impartido pola psicóloga Cándida Rodríguez Ferro, está destinado a incidir na transmisión interxeracional da lingua galega a través da toma de consciencia das persoas de máis idade, que a miúdo se reúnen no Nadal coas xeracións máis novas, ás que teñen moito que lles achegar. Visitarán a comarca nas vindeiras datas:
  • Martes 18 de decembro, no Centro Deportivo O Conco de Dumbría, ás 17:30 horas.
  • Sábado 22 de decembro, na Casa da Cultura do Concello de Corcubión, ás 12:00 horas.
  • Venres 28 de decembro, na Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso, ás 17:00 horas.

Mulleres que Contan

Xa pasou esta fin de semana por Laxe e Muxía, o obradoiro Mulleres que contan está dirixido a mozos e mozas a partir dos 12 anos e orientado a poñer en valor a palabra das mulleres escritoras para pechar deste xeito un 2018 en que as Letras Galegas se dedicaron a María Victoria Moreno. Durante a sesión, iranse presentando diversas microescenas centradas en diferentes autoras, cada unha delas seguida dunha actividade de investigación e descuberta. A vindeira cita será:
  • Sábado 29 de decembro, no salón de actos da Casa do Concello de Fisterra, ás 18:00 horas.

Os Bolechas

O Nadal en Rede tamén trae a visita dos Bolechas á bisbarra:
  • Sábado 29 de decembro, no Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo, ás 18:30 horas.
  • Venres 4 de xaneiro, no Centro Cultural de Muros, ás 18:00 horas.

Pablo Díaz no Couto

Pablo Díaz estará o 6 de xaneiro ás 13:00 horas na Casa dos Veciños do Couto, en Ponteceso, co seu concerto Coas miñas mans. Música para aprender os números, as cores, as comidas... pero tamén para cantarlle á lua ou á primavera. Cancións divertidas, en fin, para medrar con alegría.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/todos-os-programas-de-nadal-da-costa-da-morte-en-qpc/

Comentarios