Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os barquiños de Mimadriña xa navegan por Stoupa

Os barquiños de Mimadriña xa navegan por Stoupa
Palmira Castro leva os barquinos de Mimadrina a tenda Stoupa Palmira Castro leva os barquiños de Mimadrina a tenda Stoupa

Segue afianzándose a tenda turística Stoupa de Cee como un verdadeiro viveiro da artesanía da Costa da Morte. Desta volta é a artista fisterrá Palmira Castro, máis coñecida como Mimadriña, a que leva os seus barquiños por primeira vez á galería ceesa.

Durante o mes de novembro, (do luns 6 ata ata o sábado 9 de decembro), os mais curiosos poderán desfrutar do mundo mariñeiro recreado a través do papel, grazas á papiroflexia, concretamente á técnica oriental origami.

Nas obras que conforman a exposición priman o mar e o mundo mariñeiro, onde os barcos de papel navegan entre gaivotas, peixes e estrelas; un mundo típico da Costa da Morte. Palmira traballa esta arte sobre todo con nenos, fomentando a súa imaxinación e a interacción co seu arredor. Impulsou o proxecto pola reivindicación da educación pública en Castrelo de Miño, no que lograron xuntar 3.000 barquiñas de papel no río Miño; e participou na exposición que organiza a EGEAC en Lisboa grazás a que a súa “Sardiña no sardiñeiro” estivo entre as 100 mellores no concurso de Festas de Lisboa.

Palmira dará un obradoiro único en Stoupa o sábado 25 de novembro, cuxa temática será a decoración do Nadal. Os participantes poderán inscribirse de xeito gratuito.

A mostra poderá visitarse de luns a sábado de 12h a 14h e de 17h a 21h na galería ceesa, situada na Rúa Campo do Sacramento 23.

Mimadrinha en Stoupa de Cee

Novas relacionadas

Creadores en Stoupa

Fonte

Comentarios