Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Os Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pondal

Os Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pondal
Os Bos e Xenerosos da Fundacion Eduardo Pondal cos responsables da Xunta

Un premio que entrega a global Fundación Eduardo Pondal polo “traballo de promoción, dinamización e difusión da cultura e da lingua galegas”. E menudos nomes que homenaxeou a entidade ente curso.
No acto de onte na Casa do Cura do Couto, recoñeceuse o labor e a figura de catro ‘Bos e Xenerosos’ que dedican a súa traxectoria profesional e persoal a conservar, mellorar e estender o rico patrimonio cultural e as expresións artísticas de Galicia. Por iso, ademais de recibir un premio da Fundación, pode dicirse que reciben tamén o recoñecemento de todos os galegos e galegas.

Xosé Neira Vilas, xa como parte da familia pontecesá, entregou o seu premio ao historiador Felipe Senén López; a directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Blanca García-Señoráns, ao músico Roi Casal; e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, á filóloga Dolores Vilavedra. O último galardón foi para a gaiteira Susana Seivane, que o recibiu de mans do presidente da Fundación Eduardo Pondal, José Luis Fondo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios