Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os cativos de Carnota cobixáronse da chuvia con castañas

Os cativos de Carnota cobixáronse da chuvia con castañas

O pasado venres pola tarde celebrouse o tardío magosto que organizaba polo Concello de Carnota no pavillón de Lamas de Castelo. Foron uns 50 rapaces os que disfrutaron dunha tarde chuviosa ao cobixo das castañas.

A partir das 17:00h os pais e nais comezaron a preparar o lume para asar as prezadas castañas típicas desta época. Tres monitoras mentres, disgregaron aos rapaces que ata alí se desprazaran en 3 grupos por idades e preferencias para amenizalos con diferentes xogos (brilé, fútbol, pano, aros, cordas, carreiras de cabalos, etc).

Cando xa ían ás sete e cuarto da tarde, sentáronse para disfrutar do froito esperado, as castañas acompañadas dun refresco. As oito acabou unha tarde chuviosa pero moi amena para rapaces, nais e monitoras.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Carnota.

Comentarios