Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os Comités de Cee-Dumbría e Sabón únense contra a segregación

Os Comités de Cee-Dumbría e Sabón únense contra a segregación
Imaxe da Concentración diaria de onte, 24 de novembro, ás portas do Concello de Cee Imaxe da Concentración diaria de onte, 24 de novembro, ás portas do Concello de Cee viñeta-ferroatlantica_qpc-hermanager humor Viñeta de Hermanger Humor sobre o asunto en cuestión É hoxe venres 25 cando o Presidente da Xunta recibirá aos alcaldes da comarca, como a href=/pequeno-a-dia-de-hoxe-creo-que-feijoo-non-vai-deixar-abandonada-a-costa-da-morte/>recordaba onte José Manuel Pequeño. Non así aos membros do Comité que seguen esperando unha xuntanza co Presidente malia que este se remite á reunión mantida co Conselleiro de Industria. Ademais, o Comité, que a pasada tarde de xoves celebraba a 4º concentración diaria (ás 18:30h) ás portas do Concello de Cee, vén de analizar polo miúdo a moción aprobada no Parlamento Galego unicamente apoiada polo PP. Unha moción que rompe o consenso acadado en febreiro sobre o asunto entre todas as forzas políticas e que cambia “compromisos” por “informes”. Así o Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría uniuse ao Comité de Sabón para manifestar a súa “oposición frontal a este proceso de venda e segregación”. Ambos Comités enviaron un comunicado ao que vén de adherirse os traballadores de RAMSA, outra sociedade do Grupo FerroAtlántica que se encarga da explotación da mina de Serrabal (situada entre os Concellos de Vedra e Boqueixón). Segundo as propias afirmacións da empresa, a mina de Serrabal "é unha das explotacións máis importantes no mundo" debido ao volume de reservas e á calidade do cuarzo que dela se extrae. A explotación destes recursos naturais e as axudas recibidas dende o IGAPE e outros organismos públicos facilitaron a FerroAtlántica a consecución do proxecto FerroSolar.

O comunicado conxunto recorda que a empresa do Grupo Villar Mir “explota recursos naturais de Galicia, beneficiándose de concesións públicas supeditadas ó mantemento e xeración de postos de traballo”. Lembran tamén que “as actividaeds de xeración de enerxía eléctrica e de fabricación de ferroaliaxes forman unha unidade produtiva única”, e que “a vinculación de ditas actividade é unha obriga legal imposta pola Xunta e ratificada polo TSXG o 9 de maio de 1996 e polo Tribunal Supremo o 18 de outubro de 2001”. Agradecendo a Declaración Institucional en contra da segregación aprobada nos concellos da comarca e na Deputación da Coruña, así como a proposición non de lei aprobada no Parlamento, os Comités esixen “á Xunta que asuma as súas responsabilidades e competencias como goberno, respectando o marco legal e non permita unha posible segregación das actividades produtovas e de xeración de enerxía”. Reiteran a petición de ser recibidos polo Presidente da Xunta, ao tempo que demandan da Presidencia da empresa que “poña fin ás intencións de venda das Centrais Hidroeléctricas de Galicia, e que se ateña á legalidade vixente, e que ademais de forma rotunda cumpla co anunciado o pasado 19 de setembro de 2016, en canto a construción dunha nova plana en Sabón para a fabricación de silicio solar”.

Reunión co PP

reunion-dos-pp-comarcais-co-comite-de-ferroatlantica E "por fin", como recoñeden dende o Comité, os representantes do PP de Cee, Dumbría, Fisterra, Camariñas, Muxía e Corcubión, con Zaira Rodríguez, e o deputado autonómico, Aurelio Núñez á cabeza, apareceron para manter a pasada tarde unha reunión cos traballadores que están encerrados no Concello de Cee. Os populares, que recoñecen a "importancia" de manter os máis de 400 postos de traballo do "auténtico motor da bisbarra" Os representantes costeiros trasladaron aos traballadores o compromiso adquirido por Alberto Núñez Feijóo de que o goberno galego "ía cumprir a lei". Pola contra, dende o Comité lamentan que o PP comarcal se limitase a ratificar as palabras de Feijoo, que "xeran máis incerteza", cando esperaban que puidesen arrincar do presidente unha declaración clara que "non vai autorizar a venda". Entende o Comité que esperar a que a empresa presente o preacordo obrigaraa a acodir á vía xudicial. Ademais, o Comité lamenta que o PP nin sinale na súa nota de prensa a petición do Comité para ser recibidos polo Presidente.

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios