Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os Concellos da Costa recibirán 660.000€ do PEL para crear postos de traballo

Os Concellos da Costa recibirán 660.000€ do PEL para crear postos de traballo
Un traballador contratado co PEL da Deputacion Un traballador contratado co PEL da Deputacion os pasados anos Xa está en marcha rendemento o Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña. Os concellos de menos de 20.000 habitantes repartiranse 3 millóns de euros, dos que case 700.000 sondestinados aos concellos da Costa da Morte. Son os propios Concellos os que teñen que presentarse á convocatoria presentada no boletín provincial ata o 5 de abril. A Deputación variou os criteiros de asignación de axudas, pasando a fixarse no número de persoas desempregadas en cada municipio en lugar do número total de habitantes, como se viña facendo ata 2015, “de xeito que o reparto sexa máis equitativo e acorde ás necesidades reais en materia de creación de emprego de cada concello”, apuntan dende o goberno provincial. Coa súa asignación do PEL- Concellos, os municipios coruñeses poderán financiar, ata o 31 de decembro de 2018, os custos salariais e de seguridade social derivados da contratación de novo persoal que se destinará á mellora dos servizos municipais básicos. Os operarios, que deberán ser contratados cunha xornada mínima semanal de 25 horas, realizarán labores como recollida e tratamento de residuos, limpeza viaria, mantemento de alcantarillado e alumeado público, melloras no acceso aos núcleos de poboación e pavimentación de camiños, mantemento de parques e xardíns ou traballos nas bibliotecas municipais.

Abertas as liñas para apoio a PEMES e emprendedores

O PEL-Concellos é unha das tres liñas principais de actuación que inclúe o Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña. O programa contempla un investimento global de 30 millóns no período 2016-2019 para estimular a creación de 3.000 novos postos de traballo directos nos sectores público e privado, así como apoiar as iniciativas emprendedoras nacidas na provincia. Ademáis desta liña de apoio aos concellos para a xeración de emprego, a institución provincial ten activo o período de solicitudes da liña PEL-PEMES, que subvenciona a autónomos e pequenas e medianas empresas da provincia o 75% dos custes salariais da contratación de novo persoal e o a liña PEL- Emprende, que inclúe accións de fomento da iniciativa empresarial para empresas con menos de cinco anos de antigüidade, promoción dos viveiros de empresas e espazos de coworking

Asignacións do PEL-Concellos 2018

Concello Total parados Porcentaxe total parados concello/ total parados concellos > 20.000habitantes Módulo CORCUBION 97 0,34830694 25000 MAZARICOS 208 0,74688499 31000 CARNOTA 247 0,88692592 31000 DUMBRIA 255 0,91565227 31000 ZAS 265 0,9515602 34000 PONTECESO 280 1,0054221 34000 LAXE 283 1,01619448 34000 CABANA 286 1,02696686 37000 MUXIA 301 1,08082876 37000 MALPICA 342 1,22805128 40000 CAMARIÑAS 393 1,41118173 43000 FISTERRA 399 1,43272649 43000 VIMIANZO 438 1,57276742 46000 MUROS 507 1,82053216 46000 CORISTANCO 524 1,88157564 49000 SANTA COMBA 543 1,94980071 49000 CEE 566 2,03238895 49000
Total parados Costa da Morte (excepto Carballo): 5.648 (Carballo ten 2.620). Total investimento PEL nos Concellos de menos de 20.000 habitantes da Costa da Morte: 659.000€

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios