Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os concellos de Zas e Vimianzo rexeitan o proxecto mineiro Isabela II

Os concellos de Zas e Vimianzo rexeitan o proxecto mineiro Isabela II
Manuel Muíño, alcalde de Zas, informou á vecinanza sobre o proxecto mineiro Isabela II Manuel Muíño, alcalde de Zas, informou á vecinanza sobre o proxecto mineiro Isabela II Os concellos de Zas e de Vimianzo veñen de presentar as súas alegacións contra o proxecto de explotación mineira Isabela II sumándose así ás 17 organizacións que lanzaban a voz de alarma sobre este plan especulativo. "De momento tan só hai aprobado un estudo dos terreos o cal non quere dicir que vaian a vir mañá xa coas máquinas" explicou Manuel Muíño, alcalde de Zas, durante unha reunión que mantivo o pasado sábado cos veciños e veciñas e á que tamén acudiron representantes de asociacións culturais e veciñais do concello, así como membros dos movementos ambientais Contramínate, Petón do Lobo, ou a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, que explicou a experiencia da loita de Corcoesto sinalando que a fase de exploración é unha primeira fase e foi na que se logrou paralizar o proxecto. En total asistiron máis de cen persoas que dan mostra da preocupación da cidadanía por este proxecto megamineiro. Así que o concello zasense, ademais anunciar que presentara as súas propias alegacións en contra do Isabela II, ofreciu asesoramento aos afectados co fin de que presenten a título individual os seus propios motivos polos cales rexeitan proxecto. Neste punto tamén ofreceron a colaboración os membros de Contramítate e instaron aos presentes a facer canto antes as alegacións xa que o próximo venres, 19 de febreiro, remata o prazo para presentalas. Actividades destructivas Zona da parroquia vimiancesa de Bamiro afectada polo proxecto mineiro Isabela II Zona da parroquia vimiancesa de Bamiro afectada polo proxecto mineiro Isabela II Pola súa banda, o concello de Vimianzo, que está afectado por menos do 1% do total da superficie que se pretende investigar, presentou onte as súas alegacións en contra do permiso de investigación mineira que a Xunta lle concedeu a unha empresa con sede en Madrid. O alcalde vimiancés, Manuel Antelo, lamenta que os recursos que se destinan para actividades destructivas non se destinen a dinamizar a economía local: rebaixar o prezo do solo empresarial, fomentar o comercio e os servizos e apoiar as actividades primarias coma a forestal e, sobre todo, a vinculada ao sector leiteiro. "As actividades mineiras son incompatibles coas normas de planeamento do municipio e coa mesma LOUGA" indican dende o concello de Vimianzo. Na parroquia de Bamiro a solicitude comprende terreos clasificados como Solo rústico de protección forestal e Solo rústico de protección das augas. Na parroquia de Treos comprende Solo rústico de protección forestal, Solo rústico de protección agropecuaria e Solo rústico de protección das augas. Na mesma parroquia de Treos, na aldea de Treviño, a solicitude comprende terreos cualificados como Núcleo rural común. No Solo rústico de protección de augas non está permitida a actividade mineira. No resto de Solo rústico de especial protección a LOUGA prevé como condición necesaria a aprobación dun Plan sectorial da minaría que na actualidade non existe.  

Novas relacionadas

Fonte 

Comentarios