Xoves. 28.03.2024
El tiempo

“Os Concellos estamos atados para loitar contra a avespa velutina”

“Os Concellos estamos atados para loitar contra a avespa velutina”
avespa velutina-dani trillo Marea de avespas cazadas por Dani Trillo un domingo calquera en Cee Pedro de Proteccion Civil de Cee cun nino de Avespa Velutina-Foto-Juanma Trillo Pedro de Proteccion Civil de Cee cun nino de Avespa Velutina-Foto-Juanma Trillo

”Cada vez hai máis niños, e a xente a quen apreta é aos concellos. E nós non temos medios nin xente para eliminar todos os niños que hai en Zas. Un Concello non pode andar quitando niños cun pau”. Fala Óscar Lema, teniente alcalde de Zas, que sabe moi ben do que fala. “Dende a Xunta dannos algúns equipos pero o que nos fai falta é xente. Ademais pola Lei de contención de gasto non podemos contratar máis persoal, se non o faríamos. Pero nos concellos pequenos que non tiñamos Grumir, Protección Civil está formada a base de voluntarios, e aos voluntarios non se lles pode esixir nada”.

El mesmo é o presidente da Agrupación de Prot. Civil, e sabe o que é erguerse as 3 da mañá para cortar unha árbore que caeu e cousas semellantes. “Concello como Zas estamos nunha situación moi precaria, e a Xunta debería darnos solucións, porque ao final os concellos somos os que estamos ao carón da xente e a xente esíxenos a nós”.

E dá varias opcións á Xunta para armar aos concellos na loita contra a velutina. “Non vale só con que nos dean equipos. Poderían prepararnos, como mínimo, para poder ter xente cun mínimo de coñecemento. Ou se nos desen algunhas partidas para pagar a alguén e manter profesionalidade Protección Civil, xa poderíamos facer ese traballo”.

De feito, é Protección Civil o que está sacando as castañas do lume (máis ben os niños das polas) á Xunta. Pero os Voluntarios, claro, voluntarios, están algo cansos de escoitar as queixas dos veciños. Ademais de facer ese traballo sen cobrar un peso, por facerlle un favor aos Concellos e aos propios veciños, aínda teñen que aguantar as malas palabras dalgúns que desafogan cos únicos que dan a cara.

Por exemplo, por Cee, os voluntarios de Prot. Civil xa levan este ano arredor dos 80 niños, e aínda quedan outros 20 pendentes para completar a centena. Cada día poden chegar 3 ou 4 avisos novos, e moitos ademais a gran altura, un traballo que si que se presumen imposibles para estes corpos co risco que supón.

En todo caso, o procedemento segue a ser o mesmo. Se vés un niño tes que avisar ao 012, que chama a Tragsa ou ao propio Concello. Primeiramente o Concello invita a Prot. Civil a solventar o problema, pero se non pode o procedemento pasa a Tragsatec, e aí a espera pode ser variable.

Mentres, as avespas continúan a súa invasión sorteando as indefensas trampas e mesmo facendo estragos nas froiteiras da zona. Unha plaga que se nos está indo das mans.

Avespa Velutina comenzo mazas en Cee-Foto-Dani Trillo Avespa Velutina comenzo nas mazás en Cee-Foto-Dani Trillo Nino de Avespa Velutina-Foto-Juanma Trillo Niño de Avespa Velutina-Foto-Juanma Trillo

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios