Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os grupos parlamentarios, incluído o PP, di non á segregación de Ferroatlántica

Os grupos parlamentarios, incluído o PP, di non á segregación de Ferroatlántica
Semella que se van cumprindo os pasos que indicaba José Luís Louzán no seu cru artigo. Tocoulle aos grupos Parlamentarios, incluídos ao do PP, dicir non á segregación, a pesar de que seguramente xa estea todo o peixe vendido. Por unha banda, o Comité de Empresa de Ferroatlántica mantivo onte reunións cos grupos parlamentarios do PSdG, En Marea e BNG co fin de informarlles sobre a ruína que suporá para a comarca a venda das centrais hidroeléctricas. Todos os grupos trasladaron o apoio ás reivindicacións dos traballadores e das traballadoras de Ferroatlántica, subliñando o importante impacto socioeconómico que suporía a segregación das centrais das fábricas de ferroaleacións. Así explicaba a súa postura o voceiro de En Marea, Luís Villares. [fbvideo link="https://www.facebook.com/EnMareaGal/videos/1885245828365647/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] Os voceiros dos grupos tamén confirmaron ao Comité que van presentar diferentes iniciativas parlamentarias, ao tempo que solicitan a intervención inmediata do presidente de Xunta para desautorizar esta operación especulativa e paralizar calquera tentativa do Grupo Villar Mir neste sentido. "En canto á iniciativa rexistrada polo grupo parlamentar do PP, entendemos que segue na liña do transmitido polo conselleiro de Industria na reunión co Comité, manténdose nunha ambigüidade intolerábel en canto á segregación das actividades", manifestan dende o Comité de Empresa. Así engaden que "nas actuais circunstancias non chegan as posturas tibias, a Xunta ten que ser firme na defensa dos empregos e non actuar como cómplice de Ferroatlántica". "Se o PP non quere ser culpábel da ruína que para a comarca significarían o peche das fábricas e a destrución de centros de empregos ten que manifestarse inmediata e claramente contra a segregación das centrais, e actuar en consecuencias dende as súas responsabilidades á fronte do goberno galego" indincan os representantes dos traballadores.

Reunión co PPdeG

comite-ferroaltantica-ppdeg O Comité de Empresa de Ferroatlántica mantivo onte reunións tamén co grupo do PP Os membros do Comité de Empresa tamén se reuniron onte co portavoz do Grupo Popular - Pedro Puy - acompañado da viceportavoz - Paula Prado -. No encontro, Puy doulles a coñecer unha proposición non de lei rexistrada polo grupo Popular na que se insta a velar polo cumprimento da resolución administrativa pola que se autoriza a adquisición por esta empresa dos saltos do río Xallas e Grande, salvagardando os empregos, as actividades industriais e enerxéticas, e a competitividade da empresa. Puy salientou que “a prioridade, en calquera caso, é manter o emprego”, polo que sinalou que “calquera actuación da Xunta debe defender o mantemento dos postos de traballo”. A proposición non de lei contempla a condición de que “Non poderán segregarse de Ferroatlántica, S.L. as actividades de ferroalixes e de produción de enerxía eléctrica polas centrais as que se refire a presente autorización”. Puy incidiu en que o PPdeG “prioriza nestas cuestións o mantemento dos postos de traballo” de Ferroatlántica e avanzou que, “unha vez que vexamos quen é o responsable desta competencia no novo Goberno galego, será cuestión de falar de cousas máis concretas”.

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte  

Comentarios