Martes. 23.04.2024
El tiempo

Os infantís do Manuela Rial de volei seguen imparables

Os infantís do Manuela Rial de volei seguen imparables
Os infantis do Manuela Rial de volei seguen imparables-Foto- Jorge Parri

Gran vitoria do infantil do Manuela Rial ante Rianxo por 3-0 (15-25 / 24-26 / 13-25) nun partido que amosaron a súa superiridade aínda que no 2º set tuveron que loitar para remontar e ganar o set. Despois deste resultado o equipo segue sen perder partido e líder da Liga Galega.

Ademais, a xornada tamén trouxo unha vitoria dos cadetes do Voleibol Dumbría ante Ames por 0-3 (15-25 / 16-25 / 18-25), nun partido sen complicacións onde o ataque dumbriés foi letal. O equipo tamén é lider da súa categoria.

As malas novas veñen do desplazamento das rapazas á Coruña ante Liceo con dúas derrotas contundentes: as infantís por 3-0 (25-6 / 25-14 / 25-15) e as cadetes por idéntico 3-0 (25-14 / 25-10 / 25-21) ante uns equipos de saque potente que as nosas non foron capaces de respostar.

Vindeira xornada

A xornada do fin de semana adiantase o xoves no pabellon de Dumbría:
- 10:30h: infantil femenino: Manuela Rial- Cambados.
- 10:30h: Cadete masculino: Voleibol Dumbría-Sansa.
- 12:00h: Cadete femenino: Voleibol Dumbría- Cambados.
- 12:30h: Xuvenil masculino: Voleibol Dumbría-Sansa.-

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios