Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Os irmandiños volveron recuperar o poder do Castelo de Vimianzo

Os irmandiños volveron recuperar o poder do Castelo de Vimianzo

Completa a festa que disfrutou o pobo de Soneira e de toda a Costa da Morte este pasado sábado 2 de xullo de 2011. O XVI Asalto ao Castelo de Vimianzo conxugou todo o que pode pedir unha festa: teatro, artesanía, gastronomía, música, e moita troula.

Foi a primeira vez que a festa se traslada a todo o día, e os feirantes, a meirande parte chegados da Costa da Morte, xa colocaron os seus postos (os coñeceremos de preto esta semana). Pola tadiña ademais Peter Punk fixo as marabillas dos máis pequenos que ateigaban a praza do Concello mentres as nais ollaban e mercaban nos postos. Ademais, os pinchos foron amenizados polos pasarrúas dos de Pereiriña, Fol Baleiro.

Ademais, a exitosa IV Ruta do Pincho Irmandiño estivo 4 días en marcha, sendo un completo éxito e facendo que toda a bisbarra se achegase a probar os tesouros gastronómicos medievais. E de comida medieval tamén saben os organizadores, que o venres celebraron a Cea Medieval no foxo do Castelo. Case 300 persoas degustaron os manxares máis contundentes para coller folgos para a gran fresta.

Longa noite de troula

Ademais dos case inerentes problemas de son, que obrigaron a retrasar case que 2 horas todo o festival e a representación, o desenvolvemento da Festa foi positivo. Chiculate abríu o festival de música xa con retraso. Foi a aparición de Berrogüeto a que propiciou que o campo da festa se enchese.

A Lenda do Aforcado

Pero a xente esperaba a representación da nova historia da "Praza Esperanza: Lenda do Aforcado", creada e dirixida por Ghillermo, e cos actores feitos na casa tras varios meses de ensaios. O grande reclamo da festa comezaba no propio campo, cando a Vizcondesa, espectacularmente cruel, instigaba ao pobo irmandiño coa execución do Arzobispo, e do líder da revolta, Fernando de Xinzo.

Pero coma se dun ancarxo se tratase, e coa axuda dunha brava Virxe de Guadalupe, Fernando puido resucitar á súa primeira execución, e mobilizar a todo o pobo irmandiño. Os valentes irmandiños cargaron os fachos e o ariete e marcharon a golpe de bombo ata o foxo do Castelo.
Foi aquí onde a organización podería tomar medidas. Ante a avalancha de xente que se achega a Vimianzo, o foxo é o que é e ás veces non dá feito. Sen embargo, fórmase un embudo na entrada mentres que no foxo hai espacio de sobra.

Unha vez situadas as tropas da Vizcondesa no alto do Castelo, comezaba a primeira batalla. A ritmo de guitarras heavi a guerra de auga a base de globiños foi brutal.
Pero aínda quedaba o máis importante. Un xiro da historia deixaba ao bufón como rei, unha vez que este traicionou á Vizcondesa. Pero iso non lle cambiaría moitas cousas a un pobo oprimido.

Aí estivo de novo o heroe da noite, Fernando, que resucitando por segunda vez, acabou co bufón e devolveu o poder ao pobo. Para facelo real, o Ariete, levado polos vellos e novos organizadores, ademais do alcalde vimiancés, botou a porta abaixo para Asaltar o Castelo. E a seguir a festa!

Máis festa despois do asalto

De volta ao campo da Festa a golpe de tambores, moi oportunos para manter o ritmo. E alí esperaban os Le Funky Style Brass, uns franceses de Toulousse, con pintas realmente esperpénticas. Espallados en Galicia polos Festicultores, Le Funky brindou o que mellor sabe facer: festa. Con ritmos de merengue, hiphop, cumbia, regueton, ska, funky... pero sobre todo, caña. Non pararon de bailar os que conseguiron aguantar ata as 5:00h cando acabaron o seu tremendo concertazo.

Para rematar a festa, un pouco de rumbo con Malakaton.

E a recoller, que o grupo de organizadores estiveron ata 12:00h mañá recollendo os bártulos para deixar a pista libre para poder subir ao Municipal de Vimianzo de cara á Final da Copa da Costa. Final que tamén levaron os soneiráns irmandiños!!.

Máis información

Novas relacionadas

Novas e vídeos do Asalto

Outras novas festivaleiras

Fonte

Comentarios