Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os murais do Pintar na Rúa de Malpica renderon homenaxe aos sectores produtivos

Os murais do Pintar na Rúa de Malpica renderon homenaxe aos sectores produtivos
Concelleira e alcalde visitaron o mural do Pintar na Rúa Rematou unha das accións culturais máis simbólicas do verán malpicán. O programa Pintar na rúa, a través do que os máis pequenos embelecen a degradada contorna urbana convertindo os muros en lenzos, rematou estes días. A artista carballesa Emi de las Heras vén de rematar o novo mural do parque infantil da rúa Patria Galega, en cuxa elaboración participaron preto de 40 nenos e nenas. Unha edición na que se rendeu homenaxe aos sectores produtivos da vila, como son a pesca, o traballo das redeiras e a olería son os principais protagonistas do novo mural que enche de cor a parede do parque infantil de Malpica. A quinta edición de Pintar na Rúa, un proxecto que ten coma finalidade o tratamento artístico de espazos degradados en décadas pasadas, continúa transformando a vila malpicá e implicando aos nenos e nenas nese proceso de transformación. Nas edicións anteriores, os/as participantes pintaron nos muros exteriores do Centro Cívico, no paseo marítimo e no parque infantil, aínda que o último mural foi vítima do vandalismo e por iso este verán volveu a escollerse o mesmo lugar. Artistas coma Paula Fraile, Roberta Venanzi, Laura Tova, e este ano Emi de las Heras, teñen deixado as súas pegadas na nosa vila.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-pintar-na-rua-de-malpica-tera-doble-quenda/ https://quepasanacosta.gal/malpica-pon-en-marcha-a-quinta-edicion-do-pintar-na-rua/ https://quepasanacosta.gal/unha-balea-lugrisiana-en-homenaxe-a-paco-souto/

Comentarios