Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os nenos tamén aprenden arqueoloxía cos contos da Torre dos Mouros

Os nenos tamén aprenden arqueoloxía cos contos da Torre dos Mouros

Xa o avisabamos: o A #TorredosMouros está cambiando a forma de facer arqueoloxía. O Proxecto integral de recuperación do patriminio arqueolóxico do Monte do Castro, en Lira, está collendo dimensións insospeitadas, e se xa invade cada fin de semana o lugar coas súas catas e se xa está a tomar os bares, agora quere enganchar aos máis pequenos.

E o fai a base de contos, e a base de obradoiros. Obradoiros de "arenoglifos" para nenos, un gran xeito de facerlles entender cen que consisten os petroglifos.

Pero o Proxecto Torre dos Mouros segue adiante, e da man da área de Cultura e Deporte do Concello de Carnota ampliación do programa cultural con dúas novas actividades.
A primeira, para os nenos tamén, sumándolle aos obradoiros unha completa excursión. A cita será o sábado 21 de xullo ás 11:30h dirección Torre dos Mouros (Lira). Alló, no cumio, gozarán dunha actuación da contacontos Soledad Felloza e de unha visita guiada á fortaleza por parte de Xosé Gago, de Cool Touring. Para máis información consultar na área de Cultura e Deporte.
Sairase dende unha explanada que hai un pouco máis arriba do mirador de Lira, ás 11:30 h da mañá, para que a camiñata ata arriba sexa só de dez minutos. Irán en todo momento acompañados por un guía, especialista na materia, Xosé Gago, e por unha monitora do Concello.

Os interesados (todos eles nados antes do 2007) deben de cumprimentar esta autorización e entregala no departamento de cultura e deportes antes do vindeiro xoves 19 de xullo.

Máis Barferencias

Aínda hai dúas Barferencias fixadas para estas dúas últimas fin de semanas de xullo, pero unha máis podemos sumar. Se este sábado 21 celebrase a presentación do libro "Heredeiros pola forza", con Manuel Gago e Xurxo Ayán, e o sábado 28 Alfredo González Ruibal falará da idade de ferro; a Costa poderá escoitar unha vez máis a Gago o venres 27 de xullo as 20:30h no Bar O Pirata (Caldebarcos). O divulgador, xornalista e profesor da USC falará sobre "A ameaza do Océano: 800 anos de piratería na Costa da Morte".

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas arqueolóxicas

Fonte

Comentarios