Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os pais e nais de Carnés envían máis de 100 reclamacións á Xunta contra o peche da escola infantil

Os pais e nais de Carnés envían máis de 100 reclamacións á Xunta contra o peche da escola infantil
Vecinos de Carnes en Correos

Contabamos esta semana as razóns dos veciños de Carnés para eerguer a voz. I é que Aixa, Nico, Candela, Erika, Lola e Manuel Alejandro poden quedar sen a súa escola para o curso que vén, ante un novo recorte da Xunta en materia educativa. A escola infantil de Carnés, a pesar de ter máis de 5 matriculados de cara ao curso de que vén, pode ser disolta.

Non van quedar parados os pais, e ademais de saír na prensa, os pais e nais do alumnado afectado enviarán máis dun cento de reclamacións dirixidas ao Conselleiro de Educación. Farano esta mañá de xoves 14 de agosto, ás 12:00h dende a Oficina de Correos de Vimianzo. Máis de 100 postais dirixidas ao conselleiro de educación reclamando que non se peche a dita escola para o vindeiro curso.

Apoio do Concello

Contan ademais co apoio do alcalde de Vimianzo.Antelo, reuniuse a mañá de onte cunha representación de nais que lle entregaron a ocumentación xustificativa de que o número de alumnos matriculados na Unitaria de Carnés para o vindeiro curso é de 6, feito que desminte as informacións achegadas pola Xunta de Galicia que indicaban que o centro se pechaba por un número insuficiente de alumnos.

Dende o Concello remitiuselle esta documentación ao Director Xeral de Centros e Recursos Humanos e ao Xefe Territorial da Consellaría de Educación solicitándolles que, xa que se cumpren os requisitos en canto ao número de alumnos e alumnas matriculados, se manteña aberta a escola no vindeiro curso.

Dende o Concello puxéronse en contacto coa Dirección Xeral de Centros en reiteradas ocasións co gallo de solicitar unha entrevista co Director Xeral de Centros para tratar acerca deste tema, solicitudes que, de momento, non foron atendidas polos responsables da Consellaría de Educación.

Lista de alumnos da Escola Infantil Municipal de Vimianzo

Mentres, o Concello de Vimianzo acaba de publicar a listaxe provisional de alumnos e alumnas admitidas na Escola Infantil Municipal para o vindeiro curso.
Son un total de 60 alumnos, dos cales 21 están admitidos para xornada completa e 29 para media xornada.A listaxe pódese consultar dende a páxina web do Concello, dende o perfil de Facebook municipal ou nos taboleiros de anuncios do Concello e da Escola Infantil.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 10 días, dende a publicación da listaxe, para efectuaren calquera tipo de reclamación. Por vez primeira aplicouse o novo baremo no que se prima o feito de que os proxenitores se atopen traballando, rachando así con outras situacións que non atendían este criterio e atendendo distintas peticións formuladas polas familias.

Novas relacionadas

Máis novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

Comentarios