Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os Penedos xa ten imaxe para o seu póster

Os Penedos xa ten imaxe para o seu póster
A pedra Vixia e protagonista do poster dos Penedos de Traba e Pasarela-Foto-Rafa Quintans A pedra Vixia é a protagonista do poster dos Penedos de Traba e Pasarela-Foto-Rafa QuintansA pedra Vixia e protagonista do poster dos Penedos de Traba e Pasarela-Foto-Rafa Quintans A pedra Vixia é a protagonista do poster dos Penedos de Traba e Pasarela-Foto-Rafa Quintans

Xa ten imaxe dos Penedos de Traba e Pasarela o póster que percorrerá o mundo. 5.000 exemplares levarán a foto “Vixía”, de Xose Antonio Vila (Boiro), que ademais de ter a honra de ser o autor da imaxe dos Penedos, levou un premio de 500€.

O gañador coñeceuse no marco da entrega de premios do Concurso de Fotografía #moitomaisquepedras que artellaron conxuntamente os Concellos de Vimianzo e Laxe (coa colaboración da Deputación) para poñer en valor os Penedos, e que xa ten conseguido que a Xunta se poña a traballar nun Plan de Conservación que levaba esquecendo durante 10 anos.

O revivido Museo do Mar de Laxe acollía unha emotiva entrega de premios, nos que a obra do noso Rafa Quintáns (Cee) quedaba en segundo posto coa obra “A Ollada Eterna” por diante da carballesa Noelia Antelo Varela, coa obra “A osa e o solpor”.

Os premios do concurso entregaronse no descanso do concerto que o Duo Caamaño&Ameixeiras, nun acto presidido por Xosé Manuel Pose, edil de Turismo de Laxe, María Xose Mato, Técnica de Turismo de Laxe, emais o alcalde, técnico e a concelleira vimianceses, Manuel Antelo, Victor Santos e Marta Rei.

A xornada serviu ademais para reflexionar sobre os éxitos acadados por esta colaboración municipal e para poñer a andar novas actividades arredor dos Penedos.

Rafa Quintans Xose Antonio Vila e Noelia Castro no Museo do Mar de Laxe Rafa Quintáns, Xose Antonio Vila e Noelia Castro no Museo do Mar de Laxe

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/10-anos-despois-a-xunta-comezara-a-traballar-no-plan-de-conservacion-dos-penedos/

Fonte

Comentarios