Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os pequenos arqueiros soneiráns triunfan no Campionato Galego

Os pequenos arqueiros soneiráns triunfan no Campionato Galego

Segue a Costa da Morte convertíndose nun referente en materia de tiro con arco en todo o país. O Clube vimiancés DousxSetenta, unha das dúas familias de arqueiros da comarca de Soneira, competía esta pasada fin de semana no Campionato Galego de Tiro con Arco Infantil. E non volvía de baleiro.

José Váquez Blanco proclámase subcampión galego de tiro con arco e Laura Ramos Santos acada a 3ª posición no Campionato que se celebrou este domingo en Bascuas, Lugo. O campionato estivo organizado pola F.G.T.A e o club Lucus Augusti.

Ata alí desprazáronse uns 80 arqueiros de toda Galicia con idades comprendidas entre os 7 e os 19 anos. O Concello de Vimianzo, xunto co club Dousxsetenta participou na modalidade de arco recurvo con 6 arqueiros, obtendo moi bos resultados. En categoría benxamín cabaleiros José Vázquez Blanco, de Carnés, proclamouse subcampión galego, mentres que Laura Ramos Santos, de Salto acadaba a 3ª posición en categoría benxamín damas. Os dous estiveron arroupados polos seus compañeiros de club Marcos Esperante e Adrián Pereira cuns meritorios 4º e 5º postos en categoría benxamín cabaleiros, Fernando Villaverde que foi 5º en categoría alevín cabaleiros e Maikel Santos 7º en infantil cabaleiros.

Os rapaces, pertencentes todos á escola municipal de tiro con arco do Concello de Vimianzo, mostran cada vez maior manexo co arco e van facéndose un importante oco no mundo do tiro con arco a nivel autonómico,con actuacións que sorprenden ós propios adestradores.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios