Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os pequenos vimianceses xa riman a golpe de regueifa

Os pequenos vimianceses xa riman a golpe de regueifa

Abriu unha Semana de Letras, e o concello de Vimianzo abriuna a ritmo de regueifa. I é que a primeira proposta é moi interesante, xa que a recuperación da regueifa é unha conta pendente na Costa da Morte, sobre todo no sur da bisbarra, pois a comarca de Bergantiños é unha das potencias do país..

Foron ademais dúas eminencias na materia, os coñecidos regueifeiros Pinto d`Herbón e Luís O Caruncho os encheron de Regueifa a Casa da Cultura de Vimianzo, abrindo a semana das letras coa nosa tradición oral. Na tarde do domingo fíxose unha sesión aberta ao público na que os regueifeiros puideron facer gala da súa habilidade divertindo aos presentes coas súas rimas satíricas.

A mañá do luns estivo dedicada aos máis novos e Pinto e Luís voltaron á Casa da Cultura para impartir un obradoiro didáctico sobre a regueifa (o inxenio e a poesía oral improvisada).
Un total de 3 sesións de hora e media na que os rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO do IES Terra de Soneira e os alumnos e alumnas de 5º e 6º do CEIP de Baíñas e Vimianzo puxeron en práctica diferentes métodos de creación e improvisación seguindo as explicacións a ritmo de regueifa dos mestres.

Os participantes pasaron unha xornada divertida e didáctica na que puxeron a proba os seus coñecementos literarios (a estrofa, a rima, o ritmo,...) e a habilidade á hora de enfrontarse á improvisación de coplas.

Novas relacionadas

Programas das Letras Galegas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios