Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os poemas eróticos das Sisargas teñen nome bíblico

Os poemas eróticos das Sisargas teñen nome bíblico
Mercedes Leobalde lendo os seus poemas eróticos na Cea das Letras de Malpica

O pasado sábado tiña lugar en Malpica unha cita sempre candente. A Cea das Letras, organizada pola A. C. Caldeirón coa colaboración do Concello de Malpica de Bergantiños, servía para escoller a obra gañadora do VII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. A obra seleccionada foi Chamádeme Eva da escritora coruñesa Mercedes Leobalde García.

A Cea serviu ademais, como cada ano, para presentar a obra gañadora do certame do ano anterior, que non era outra que "Carnia haikai" da escritora Elvira Riveiro, publicada como premio.

Este ano, foron 13 as obras presentadas, e despois de deliberar sobre as características de cada unha delas, seleccionaron que leva por título Chamádeme Eva que resultou ser da escritora Mercedes Leobalde García.
Un xurado, composto por Elvira Riveiro Tobío, gañadora do VI Certame de Poesía Erótica “Illas Sisargas", Antón Lois Noceda Carballo, Animador Sociocultural do Concello de Malpica, e Paco Souto Barreiro, Secretario da A.C. Caldeirón.

Chamádeme Eva

Chamádeme Eva estructúrase en catro partes que se corresponden a diferentes momentos vitais dunha muller chamada Eva, sen mazá nen serpe. Nas primeiras dúas partes observase un forte contido erótico deixando para a terceira e a cuarta a presenza do desamor e a morte, fantasticamente personalizada na presenza do lobo. Un léxico claro, sinxelo, eficiente, un uso coidado da lingüa e fermosas imaxes seduciron ó xurado para otorgarlle este premio.

Mercedes Leobalde García

Nace no 1967 na Coruña, onde vive ata hai uns anos que se traslada ó Concello de Carral. Licenciada en Filoloxía Galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Tras rematar a carreira adícase á docencia, labor que compaxina co de tradución ata hai dez anos que comeza a traballar como pradutoraintérprete no Equipo Lingüístico do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A finais do 2011, o seu paso polo obradoiro de escritura de Antía Otero intensifica o seu traballo literario. Animada a presentarse a certames literarios pola propia Antía, neste ano 2012, acada o 2º premio do Certame Anxel Fole, cun relato titulado “Fáltasme” e 1º accésit no Manuel Murgía coa obra “Taxi driver”.

Finalmente neste mes de novembro do ano 2012 acada o 1º premio do Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas co poemario “Chamádeme Eva” que é a súa primeira obra no campo da poesía.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Malpica.

Comentarios