Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os PP de Carballo, Camariñas, Dumbría e Muxía estrean candidato

Os PP de Carballo, Camariñas, Dumbría e Muxía estrean candidato
PP de Bergantinos confirmou candidatos

Presentaba onte o PP provincial os seus novos candidatos de cara ás próximas Eleccións Municipais de maio 2015. Diego Calvo presentou esta tarde a Miguel Anxo Ferreiro, Mauricio Aufiero, Manuel Barcia e Manuel Fandiño como cabezas de lista dos populares para as próximas Eleccións Municipais nos concellos de Carballo, Camariñas, Dumbría e Muxía.

Se no 2011 o PP alcanzou 7 alcaldías na zona (Cabana, Coristanco, Laracha, Ponteceso, Malpica, Cee e Fisterra), estas vindeiras eleccións queren mellorar os resultados nos Partidos Xudiciais de Carballo e Corcubión.

Un PP que quere “consolidar o corredor Coruña-Laracha-Carballo-Zas-Vimianzo-Cee como “unha das zonas de crecemento industrial e empresarial máis importantes para a provincia da Coruña”. Para iso, rubrican que o treito norte da autovía estará rematado en 2016.

Novas relacionadas

Fonte

  • PP Provincial.

Comentarios