Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os Premios Fouciño, os irmáns pequenos do Carballo Interplay

Os Premios Fouciño, os irmáns pequenos do Carballo Interplay
Premios Foucino Seguen en marcha os Premios Fouciño, esa aposta da Asociación Cultural Adro para involucrar á mocidade costeira na produción audiovisual. Uns Premios que poderiamos chamar como os irmáns pequenos do Festival Carballo Interplay que, por certo, arrinca esta semana. Andan durante estas semanas as xentes de Adro espallando a semente da curtametraxe polos instituto da zona, dando charlas nas que reciben a gran atención deses pequenos novos directores. Os novos medios (un móbil é case suficiente para crear unha boa montaxe) fai que o audiovisual estea, máis ca nunca, ao alcance de calquera. Xa hai hoitas pezas en construción, e ata o 18 de maio poden presentar novos proxectos. O Concurso será o 28 e 29 de maio, onde ademais de coñecer aos gañadores, haberá concertos, como do vimiancés Serj ou os pontecesáns Not Only Shills, e onde haberá sorteos de entradas para o Festival V de Valarés e a Carballeira de Zas. A curta “Fouciño sanghento”, feita por amigos baieses aló polos anos 90, foi a orixe de todo. [fbvideo link="https://www.facebook.com/premiosfoucino/videos/1319907964691173/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]

Máis información e inscrición

[fbvideo link="https://www.facebook.com/premiosfoucino/videos/1319907964691173/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] Poderanse consultar as bases e descargar o formulario de inscrición dende o facebook do festival ”Premios Fouciño” e a entrega das pezas farase vía mail antes do 18 de maio, data na que remata o prazo de inscrición e entrega a través do correo [email protected].

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios