Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os rapaces de Cee coñecen o museo Fernando Blanco

Os rapaces de Cee coñecen o museo Fernando Blanco

Durante a pasada semana dous grupos de rapaces de 1º da ESO do Agra de Raíces de Cee visitaron o Museo da Fundación Fernando Blanco de Lema, o cal está patrocinado polo Concello de Cee e pola empresa FerroAtlántica. Foron un total de 38 rapaces (15 o martes e 23 o venres). A visita foi organizada polo profesor Fernando Casanova.

Ó igual que o resto de grupos que concertan a súa visita, percorreron o Museo da man do seu coordinador, coñecendo a biografía de Fernando Blanco de Lema, a historia do que foi primeiro instituto do rural galego, así como ollar as pezas expostas que forman parte do rico patrimonio da Fundación.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Museo Fernando Blanco da man de Darío Areas.

Comentarios