Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os recursos retrasan o xuízo oral da Operación Orquesta

Os recursos retrasan o xuízo oral da Operación Orquesta
Operacion Orquesta - - Foto: Marcos Rodríguez

3 anos pasaron dende que a Operación Orquesta colleitaba as súas primeiras detencións. E parece que non, pero a xustiza segue camiñando vagariño cara a resolución. A semana pasada pechábase unha nova etapa, co informe da Fiscalía sobre os recursos de reposición, e parece que o xuízo oral xa está á vista.

O retraso débese a que os implicados presentaron recursos ante o Xulgado. Recursos que xa foron desestimados, dándolle a razón ao xuíz sobre as imputacións.
Deste xeito, e xa co auto do anterior xuíz de transformación, o proceso pasa outra etapa, para confirmar as imputacións. Pero aí os acusados presentaron outro recurso de apelación ante a Audiencia Provincial, e antes de resolvelos, a Fiscalía ten que entregar un informe coa súa opinión sobre os recursos. Nese punto estamos pois a semana pasada a Fiscalía xa enviara ata o último informe sobre as apelacións á Audiencia Provincial, polo que agora está no tellado da propia Audiencia resolver os recursos, chegando así á antesala do xuízo oral.

Poden pasar dúas cousas agora, todas por separado e segundo a imputación e o recurso presentado por cada un dos imputados:

  • A Audiencia pode desestimar os recursos polo que os imputados seguirían séndoo e estaremos moi preto do auto de aparición do xuízo oral.
  • A Audiencia pode estimar os recursos e desimputar a imputados.

Deste xeito, e como hai máis de 25 imputados con diferentes causas cada un, faise imposible valorar o prazo que temos por diante. En todo caso, parece que unhas novas municipais pasarán por diante.

Máis información

Artigos relacionados

Novas da Operación Orquesta

Fonte

Comentarios