Imprimir

Os Reis Magos encheron a Costa da ilusión

que pasa na costa | 06 de xaneiro de 2019

Visita dos Reis en Mazaricos Visita dos Reis en Mazaricos

Menudo primeiro sábado de xaneiro. As súas Maxestades os Reis Magos levaron a ilusión por toda a bisbarra deixando mancheas de caramelos e mareas de ilusión aló por onde pasaron. Centos de nenos e nenas da bisbarra pasaron a tarde coa ilusión de velos aló enriba, nos seus carruaxes, e coa sensación de ter vivido unha xornada especial.

Como especial é esta noite e e esta mañá de Reis, na que a rapazada de toda canta parroquia hai, esperta nun día de especial ilusión.

Aquí vos deixamos unha serie de imaxes das visitas de Reis pola zona, sendo a tractorgata de Mazaricos a máis orixinal de cantas ollamos:

A Tractorgata dos Reis en Mazaricos A Tractorgata dos Reis en Mazaricos Reis en Mazaricos Reis en Mazaricos Reis en Camariñas Cabalgata a ritmo de gaita en Camarinas Cabalgata a ritmo de gaita en Camariñas Reis e fogos de artificio en Cee-Foto-Rafa Quintans Reis e fogos de artificio en Cee-Foto-Rafa Quintáns Recepcion oficial dos Reis en Cee-Foto_Rafa Quintans Recepcion oficial dos Reis en Cee-Foto_Rafa Quintans Os reis meigos acompañan a don manuel nas misas de coristanco despues dunha dura noite de traballo Os reis meigos acompañaron ao párroco de Coristanco Manuel Mallo nas misas despois dunha dura noite de traballo
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/camarinas/os-reis-magos-encheron-a-costa-da-ilusion/20190106000007090149.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA