Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os socialistas esíxenlle á Xunta que impida a segregación das actividades de Ferroatlántica

Os socialistas esíxenlle á Xunta que impida a segregación das actividades de Ferroatlántica
A deputada socialista Loli Toja nun pleno do Parlamento A deputada socialista Loli Toja nun pleno do Parlamento Como facían onte En Marea e BNG tras coñecer a nova da petición de Ferroatlántica a Aufgas de Galicia de segregar de actividades de produción enerxética e de ferroaleacións, o PSdG vén de presentar no Parlamento unha serie de cuestións dirixidas á Xunta de Galicia. A parlamentaria socialista Loli Toja esixiulle hoxe ao goberno galego que “garanta o cumprimento da legalidade” impedindo a devandita segregación, e anunciou unha batería de iniciativas para pedirlle á Xunta que garanta a continuidade das explotacións e explique a súa postura diante da solicitude da empresa. Recordoi que o goberno galego está obrigado non só a “cumprir a Lei”, senón tamén “a responder do mandato do Parlamento de Galicia, que a finais do mes de febreiro aprobou, tamén co voto do PP, en dúas sesións consecutivas de Comisión e Pleno, dúas iniciativas idénticas presentadas polos socialistas galegos en defensa da factoría”.< Critica a “desfachatez” demostrada polo goberno galego, que ata hai cuestión de horas continuaran negando unha operación de venda das centrais que “era un clamor, como se vén de demostrar onte mesmo”. Os socialistas galegos lembra que “a concesión, aínda vixente, establece como condicións que non poidan segregarse de Ferroatlántica as actividades de ferroaliaxes e produción de enerxía eléctrica polas centrais”. Así farán ás seguintes cuestións:
  • 1ª) Cal é a estratexia da Xunta de Galicia fronte ás intencións, xa manifestadas, e presentadas formalmente ante Augas de Galicia, da empresa Ferroatlántica de tentar vender as súas centrais hidroeléctricas?
  • 2ª) Vai manter o presidente da Xunta de Galicia unha xuntanza, tal e como comprometeu, cos alcaldes da Costa da Morte, ante o novo escenario que se abre como consecuencia da solicitude formal de Ferrotlántica a Augas de Galicia de segregación das centrais?
  • 3ª) En caso positivo, cando?
  • 4ª) Vai manter o Goberno galego uha xuntanza, cos/coas traballadores/as, tal e como comprometeu, de Ferroatlántica, ante o novo escenario que se abre como consecuencia da solicitude formal de Ferrotlántica a Augas de Galicia de segregación das centrais?
  • 5ª) Considera a Xunta de Galicia que está a cumprir as expectativas dos/das traballadores/as e da sociedade da comarca en canto á transparencia do proceso?
  • 6ª) Mantivo o Goberno galego algún contacto coa representación da propiedade de Ferroatlántica previa a presentación da solicitude formal de segregación das centrais a Augas de Galicia?
  • 7ª) Mantivo o Goberno galego algún contacto coa representación da propiedade de Ferroatlántica posterior a presentación da solicitude formal de segregación das centrais a Augas de Galicia?
 

Novas do #CasoFerroatlántica

Artigos relacionados

  Fonte

Comentarios