Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os traballadores de Calvo Esteiro queren negociar xa as condicións do traslado a Carballo

Os traballadores de Calvo Esteiro queren negociar xa as condicións do traslado a Carballo
Calvo-Esteiro-240 Imaxe aérea da fábrica de Calvo en Esteiro A bisbarra comeza a mobilizarse tralo anuncio por parte de Calvo do peche da fábrica de Esteiro. Primeiro foi o o PSdG o que animaba á sociedade a saír ás rúas, e a pasada semana tocoulles aos propios traballadores poñer a súa opinión sobre como se loitará polo mantemento de todos os postos de traballo da Conserveira de Esteiro S.A. na ría de Muros. Foi a través dunha votación artellada polos sindicatos. Cómpre lembrar que o Grupo Calvo pretende trasladar para Carballo a actividade da conserveira muradá alegando unhas causas económicas, organizativas e produtivas, que podería afectar a 300 os postos de traballo, entre directos e indirectos, sendo gran parte emprego feminino.

Doble votación

Os desacordos entre UGT e CCOO e CIG provocaron que se tivese que votar dúas veces (os pasados martes e venres) se querían que se negociara xa o traslado ou se consideraban que había que defender primeiro o mantemento dos postos de traballo en Esteiro e adiar en todo caso a negociación até o inicio do período de consultas. A resposta dos traballadores foi a seguinte: 48 votos a favor de negociar xa; 40 votos a favor de defender os postos de traballo na comarca e 1 abstención. Dende a CIG aseguran que estarán “a carón das 40 traballadoras/es que co seu voto apostaron por esta alternativa antes de asumir, sen a cuestionar, a proposta da empresa”.

Intereses

Teresa Vidal, responsable da CIG, entende “detrás da decisión do Grupo Calvo atópase a pretensión de que as traballadoras acaben por acollerse a baixas incentivadas, porque vai ser moi difícil que soporten as xornadas de traballo máis hora e media de viaxe de ida e outro tanto de volta”. Considera a CIG que o traslado carece de “xustificación económica” sinalando que no “informe técnico do experto “independente” presentado pola empresa non se fai nin unha soa mención ás contas consolidadas do grupo e nin sequera se facilitaron aos representantes das traballadores”. De feito, entenden que a matriz de Calvo ten uns beneficios que se triplicaron durante o curso pasado.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios