Martes. 16.04.2024
El tiempo

Os traballadores de Ferroaltántica volven a solicitar unha reunión co conselleiro de Economía

Os traballadores de Ferroaltántica volven a solicitar unha reunión co conselleiro de Economía
peche-ferroatlantica No pasado mes de novembro, os traballadores encerránrose no salón de plenos de Cee co fin de que Feijóo atendera ás súas esixencias Antes de que se faga efectiva a venda das centrais hidroeléctricas de Cee e Dumbría, o Comité de Empresa pide novamente (xa o fixera o pasado 3 de febreiro) unha xuntanza co conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta da Galicia - Francisco Conde López -. Os traballadores, segundo din nun comunicado, entenden que "a Xunta de Galicia non pode permanecer impasible e permitir que unha empresa que explota os nosos recursos naturais estea a especular de maneira constante, con ameazas permanentes, sobre os futuro dos postos de traballo, creando incerteza e preocupación na plantilla e na sociedade en xeral". O Comité de Empresa manifestou en diversas reunións e incluso por escrito que defende todo diálogo e negociación que sexa necesaria para negociar un verdadeiro plan industrial para Cee e Dumbría que deberá asentarse sobre a base "previa, clara e inequívoca" na que a empresa respecta o actual marco legal e, polo tanto, desiste da venda das centrais hidroeléctricas e asume a non segregación das actividades de producción de enerxía e ferroaliaxes. Ante "a obstinación da dirección da empresa de non respectar o actual marco legal", o comité de empresa convocou unha folga para o vindeiro 10 de marzo.  

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios