Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os traballadores de Ferroatlántica chaman á cidadanía na semana da manifestación e da folga

Os traballadores de Ferroatlántica chaman á cidadanía na semana da manifestación e da folga
Imaxe da concentracion do pasado 24 de febreiro as portas da fabrica de Brens-Foto-Rafa Quintans Imaxe da concentración do pasado 24 de febreiro as portas da fábrica de Brens-Foto-Rafa Quintans Cartel manifestacion 10 marzo 2017 Ferroatlantica

Semana clave esta para o caso Ferroatlántica, cando menos a nivel social. O Comité de Empresa de Ferroatlántica Cee, Dumbría e Centrais Hidroeléctricas fai un chamamento á toda a veciñanza da Costa da Morte para apoiar a folga e, sobre todo, secundar a manifestación convocada para o 10 de marzo e amosar o rexeitamento unánime da comarca ao anuncio público realizado pola empresa de vender as centrais dos ríos Xallas e Grande.

Coincidindo co paro de 24 horas, os traballadores/as van realizar unha manifestación ese mesmo día que sairá ás 19:30 horas da fábrica de Brens e rematará na Praza do Concello de Cee.

Terá que ser unha masiva demostración "fronte a espoliación dos nosos recursos”. que sirva ao tempo para esixirlle á Xunta de Galicia que, “de maneira inmediata e firme, paralice o intento de venda especulativa”.

”Venda ilegal e falsas promesas”

Para chegar a esta situación, afrontando ademais unha xornada de paro na fábrica a pesar das ameazas da dirección sobre o concepto de “interrumpibilidade”, o Comité reitera que “estamos ante unha actuación ilegal, que non respecta o actual marco legal que impide a venda e segregación das actividades de ferroaliaxes e enerxía e que pon en risco os máis de 400 postos de traballo que na actualidade existen”.

Denuncian ademais “a campaña de mentiras que a empresa enmascara baixo o denominado "plan industrial", a través do que pretende enganar e confundir a opinión pública cun plan que na práctica leva á perda de emprego, ao desmantelamento e ao peche progresivo das fábricas de Cee e Dumbría”.

Lembran que “non se creará novo emprego, pois os postos de traballo que menciona a empresa xa existen, ao igual que a xubilación por relevo”. Do mesmo xeito, “dubidan da viabilidade da planta de carbón vexetal, vista a experiencia desta planta que a empresa ten parada en China e que apenas xeraba postos de traballo directos. E incluso na planta de senterización que a compañía ten comprometido facer en Santander non se xerarán máis de 4 empregos, e xa foi desmantelada en Brens”.

Abertos ao diálogo por unha “Débeda histórica”

En todo caso, o Comité abre as portas a retomar o diálogo “cando a empresa presente un proxecto industrial financiado a través dun plan plurianual de reinversións das actividades e beneficios xerados polas concesións. Se as nosas centrais dos ríos Xallas e Grande serviron, sen necesidade de vendelas para financiar proxectos fóra da nosa comarca e fóra do noso país, teñen tamén que servir agora para financiar un proxecto industrial para a modernización das nasas fábricas e crear novos empregos. É unha débeda histórica froito da explotación e espoliación dos nosos recursos naturais”.

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios