Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os traballadores de Ferroatlántica comezan o peche no Concello de Cee

Os traballadores de Ferroatlántica comezan o peche no Concello de Cee
Ateigado o Salon de Plenos do Concello de Cee para a rolda de prensa do peche do Comité de Ferroatlántica Ateigado o Salon de Plenos do Concello de Cee para a rolda de prensa do peche do Comité de Ferroatlántica Anunciaban a semana pasada un peche no Concello ata que Feijoo atenda as súas esixencias. E toca cumplilo. E non é sinxelo deixar a familia e poñerse a loitar polo teu posto de traballo. Así, un cento de traballadores de Ferroatlántica xa están encerrados no Concello de Cee. Manterán o peche ata que Feijoo reciba ao Comité e confirme que esixirá o mantemento da vinculación entre as actividades de produción de enerxía hidroeléctrica e de ferroalealiaxes, a “única garantía dos postos de traballo” segundo o comité. peche-do-comite-de-ferroatlantica-no-concello-de-ce-2 Contan co apoio municipal así como doutras forzas políticas a nivel nacional. De feito, na rolda de prensa deste luns estiveron moitos alcaldes da comarca, a deputada do PSOE Loli Toja, as responsables do BNG Ana Pontón e Noa Présas, e esperan que membros de En Marea pasen mañá para compartir un tempo no centro de operacións. Ademais, está previsto que na xornada de mañá, martes día 22, o Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo, se sume á protesta da tarde diante da Casa do Concello de Cee. Ana Pontón en Cee Ana Pontón en Cee Un peche que se complementará con concentracións diarias – de 18:30 a 19:30 horas – diante do concello ceense así como seguir recadando apoios a través de reunións e recollida de sinaturas. O núcleo do peche será o salón de plenos, onde esta tarde, despois da concentración da concentración diaria, se comezará a acondicionar para pasar a noite. Colchóns, mantas, termos… comezarán a formar parte da vida diaria do Concello ceense ata que Feijoo tome en consideración as demandas do Comité. Con presencia continua do Comité, e dos sindicatos, os traballadores iranse repartindo a turnos para manifestar que a loita está moi aberta. peche-dos-traballadores-de-ferroatlantica-no-concello-de-cee-2peche-dos-traballadores-de-ferroatlantica-no-concello-de-cee O silencio cómplice da Xunta "Cada minuto que a Xunta permanece en silencio,  estalle dando azos á empresa para seguir con esta operación. Temos que lograr que a Xunta diga claramente que non se poden vender as centrais e por outro lado, temos que presionar a Ferroatlántica para que cese de vez nas súas intencións", aseveraba Paulo Carril da CIG ao inicio do encerro. A este respecto, Xabier Santos acusaba á Xunta de converterse coa súa actitude ambigua en "cómplice" da empresa, censurando que "mentres o PP na comarca se coloca detrás da pancarta contra a vendas das centrais, o PP na Xunta actúa como verdugo desta bisbarra". Como vimos comentando, o Comité segue “esixindo que o presidente da Xunta que se poña de parte dos traballadores e non de parte de Villar Mir, como se puxo o goberno de Fraga no 92, cerciorando a vinculacuión de actividades e obrigando a Villar Mir a acodir á vía xudicial, porque se se leva a cabo a segregación duraríamos dous telediarios, polo que xa falamos, porque os produtos das fábricas de Cee e Dumbría fanse en Venezuela, Sudáfrica e China a moito menos custe”. "Nada mudou que permita autorizar a segregación" Nese sentido, non entenden por que “en febreiro deste ano aprobouse por unanimidade unha moción do BNG, enmendada polo PP, evitando a segregación, e agora o goberno do PP non pode facer o propio”. Entenden ademais que a pesar de que a UE está a favor da libre competencia, “isto é competencia da Xunta de Galicia”. Daquela foi o Parlamento de Galiza, nunha decisión posteriormente ratificada polos tribunais de xustiza, quen impediu a separación de actividades, coa finalidade de salvagardar o interese público da explotación dos nosos recursos naturais. "Nada mudou dende entón que permita autorizar a segregación das actividades", aseverou Mouzo, "nin os cambios administrativos dos fluxos do sistema eléctrico amparan as pretensións da empresa, nin a suposta repercusión da venda na comarca xustifican esta operación". A prensa está cada vez máis pendente do caso A prensa está cada vez máis pendente do caso Contan co apoio social máximo, tanto da veciñanza como das entidades sociais, e venque está habendo máis e máis repercusión, como o corrobora o feito de ver xa á TVG pola volta. Iso si, toca estar atento ao Parlamento Galego, que estes días abordará o asunto con preguntas do propio PP, e En Marea, PSOE e BNG. Primeira concentración [fbvideo link="https://www.facebook.com/concellocee/videos/1235645916510265/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] Xa ás 18:30h, tivo lugar a primeira concentración, esperemos que non sexa a primeira de moitas. E transcorreu así: Primeira concentración diaria dos traballadores de Ferroatlántica no Concello de Cee Primeira concentración diaria, ás 18:30h, dos traballadores de Ferroatlántica no Concello de Cee -Foto- Rafa Quintñans Colleitando sinaturas-Foto-Rafa Quintáns Colleitando sinaturas-Foto-Rafa Quintáns

A primeira noite

Así pasaron a primeira noite:

O salón de plenos do Concello de Cee convertiuse no campamento base dos traballadores de Ferroatlántica O salón de plenos do Concello de Cee convertiuse no campamento base dos traballadores de Ferroatlántica  

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios