Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os traballadores de Ferroatlántica, con novidades sobre o Acordo Marco, apoian aos compañeiros de Alcoa

Os traballadores de Ferroatlántica, con novidades sobre o Acordo Marco, apoian aos compañeiros de Alcoa
CIG da Costa da Morte en AlcoaA sección sindical da CIG, que non quixeron asinar o Acordo marco, viaxaron a Alcoa [/captiob]

A marea social que remexe Galicia co peche da fábrica de Alcoa na Coruña chega tamén ata a Costa da Morte. Un peche que deixa na rúa a 400 familias (empregos directos) só na capital coruñesa, aos que cómpre sumar os da fábrica de Avilés.

Ben saben na nosa bisbarra a incertidume que xera nos traballadores unha situación como esta e por iso, os membros da CIG Ferroatlantica Cee - Dumbría - CC.HH. quixeron estar presentes esta mañá na fábrica herculina para amosar o seu apoio. Tamén estarán este sábado día 20 na manifestación en contra do peche, con saída ás 11:00h dende a Palloza.

Uns traballadores costeiros que volven hoxe á actualidade despois de varios meses de silencio, dende que en maio chegaran a queimar o Acordo Marco que a Dirección asinou cos traballadores en toda España. De feito, onte a asemblea de traballadores daba o si, por escaso marxe de votos, e con certas irregularidades segundo membros do Comité, ao Acordo, coa clara oposición da sección sindical da CIG. A votación final dentro do Comité tivo 7 votos a favor (4 CGT, 3 independientes, e 2 da empresa) polos 6 votos en contra do sindicato maioritario entre os traballadores, a CIG.

Un Acordo Marco que segundo a empresa supón unha importante subida na calidade dos postos de traballo dos empregados das fábricas de Cee e Dumbría, pero que segundo o Comité supón unha importante perda de dereitos.

Mañá o Comité fará a súa valoración da aprobación do Acorco Marco nas fábricas costeiras.

Novas relacionadas

Comentarios