Martes. 16.04.2024
El tiempo

Corentena en APEM: "A verdade é que sorprende o ben o levan"

Trini Sanchez ao acordeon en APEM
Trini Sánchez deu outro concerto ao acordeón en APEM
Corentena en APEM: "A verdade é que sorprende o ben o levan"

Onte viamos como entidades como Adisbismur manteñen contacto online cos seus usuarios. O caso de APEM é distinto. Os usuarios están confinados nas instalacións ceenses, mantendo o funcionamento completo 24 horas ao día. Coas traballadoras a turnos, polo que hai menos menos persoal continuamente, e con máis medidas de prevención e limpeza que habitualmente, pero a vida segue pasando igual.

Son os usuarios, de feito, os que mellor están levando a corentena, unha vez que a carga que cae sobre as traballadoras estes días é maior. ”A verdade sorpréndenos o ben que o levan”, recoñecen as propias profesionais, a pesar de non poder disfrutar de todas as actividades que realizaban fóra, como a radio, teatro, piscina, pavillón, biblioteca… ou simplemente tomar o café.

Son un exemplo de responsabilidade, ademais, segundo nos contan. “Están informados, son super conscientes da realidade e non protestan, e tamén teñen medo. Aínda que nós lle dixeramos de saír, seguro nos dicían que non”, explican as profesionais.

Estes días é certo que toca inventar actividades dispares, se cadra algo enfocadas ao ocio, e sen tanta esixencia nas rutinas educativas. É importante manter a cabeza ocupada estes días, como o noso amigo Fran Martín que está lendo un libro en ruso.

Unha das actividades que máis lles gusta é a música. E se a pasada fin de semana houbo un concerto de Marcos Traba ao piano e Trini Sánchez ao acordeón, onte volveu subir ao escenario Trini, mantendo a todos con máxima atención e colaboración.

Novas relacionadas

Comentarios