Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os veciños da Plataforma de Corcoesto denuncia prácticas intimidatorias do alcalde cabanés

Os veciños da Plataforma de Corcoesto denuncia prácticas intimidatorias do alcalde cabanés

Continúa a mina de ouro de Corcoesto separando aos veciños. Por un lado, os que pensan no posible desenvolvemento económico, da man do Concello e da empresa; e por outro os que buscan manter o patrimonio natural e non cren as cifras sobre o suposto emprego que vai crear a empresa. Pero as cousas cada vez están sendo máis complicadas e os intereses están afiando as estratexias.

Así, a voz da Plataforma en Defensa de Corcoesto, ademais de resoar nas xuntanzas veciñais dos domingos, xa se deixa escoitar. E ver, pois varias estradas aparecían estas semanas con pintadas do estilo: "Mina non. Alcalde fora". Unhas pintadas coas que, concretamente, non están a favor os membros da Plataforma, unha vez que entenden que hai outros canles de comunicación máis aló do mobiliario urbano. De feito xa están prantexando unha campaña para que as campartas se poñan en casas particulares.

Intimidación por parte do Concello?

Pero a polémica nestas últimas semanas estáse afiando. Malia non ter podido contactar estas acusacións co alcalde para contrastar a información, varios membros da Plataforma en Defensa de Corcoesto veñen de denunciar "prácticas intimidatorias por parte do Concello de Cabana".
De feito, un dos membros recibía a semana pasada a visita dun auxiliar do Concello (contratado "ilegalmente" segundo a Plataforma) para pedirlle os datos. Unha visita que segundo os asesores xurídicos da Plataforma pode considerarse como "delito penal por Intimidación e Coaaciones".
A cousa non quedaba aí porque o veciño recibía aos 5 días un burofax no que o alcalde o acusa de ser o creador dun panfleto que anda polos bares cabaneses nos que se acusa ao alcalde de "venderse a unha empresa canadiense", pedindolle que se "retracte publicamente".
O panfleto, non que aparecía o alcalde e varios concelleiros comendo cos membros da empresa, denuncia que "a venda de Corcoesto tratouse nun prazo duns 15 empregos por un período de 3-4 anos" e que o "alcalde comprometeuse a traballar de balde para a empresa como Director de Recursos Humanos".

Como resposta a esta medida, que entenden como "intimidatoria", a Plataforma xa ten denunciado os feitos ante a Garda Civil.

Reunión ás portas do Local

E como vemos na foto, a reunión do domingo pasado tívose que celebrar ás portas do Local Social de Cures. I é que malia que a Plataforma xa ten pedido, a nome de dous veciños, o uso do local para todos os domingos agás o 3º de cada mes, a partir das 11:00h da mañá, para continuar coas súas asembleas informativas (hai 2 domingos o mestre da USD Doldán dubidada das cifras sobre emprego), o Concello respostaba cunha misiva, instando á Plataforma a "concretar os días para os que solicita o uso do local social a efectos de conciliar o seu uso coa utilización que se fai por parte de outras asociacións".

Aí é cando entran outras asociacións creadas recentemente no Concello. Segundo sinala a Plataforma, unha das Asociacións de Veciños, creada hai apenas un ano, e que levaba tempo sen actividade, volvía a programar actos, "xusto os domingos pola mañá". Sinalan que "a Asociación xa está controlada polo Concello e mesmo pola empresa, que ata se meteu na Comisión de Festas. Non hai máis que ver as camisetas da festa deste ano cos pozos mineiros da empresa...", denuncian.

Tocando todas as frontes

A Plataforma non para e sehue a traballar a todos os niveis: político, legal, e social, como o demostran as xuntanzas ou o uso das redes sociais (ver no Grupo de Facebook "Corcoesto: non todo é brillo no ouro". Deste xeito, despois de testear a todos os grupos políticos locais, a pasada mañá xa estivo no Parlamento Galego, e conta co apoio dunha Europarlamentaria para levalo ao meso Parlamento Europeo.

Apoio das mariscadoras?

Unha das cousas máis sorprendentes do asunto é o apoio que presta, segundo a súa Preisdenta, o activo Colectivo de Mariscadoras do Anllóns. Julia Haz manifestaba que está a favor da explotación, unha vez que xa falara con eles "e dixéronme que iban controlar o tema dos verquidos, polo que supoño que o farán. Non lle podemos dicir a todo que non. Se lle dicimos a todo que non, non facemos nada", aseguráballe a varios veciños da zona.

Verquidos de cianuros

Unha problemática, a dos verquidos dos cianuros, que pode ser a máis perxudicial para a ría. Segundo informan dende a Plataforma, unha enxeñeira ambiental explicaba que "a longo prazo (2 anos) o cianuro sen dúbida chega á ría".

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios