Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Outes, Fisterra e Malpica acollerán este verán os cursos da campaña de vela

vela campamento
Outes, Fisterra e Malpica acollerán este verán os cursos da campaña de vela

Un total de 240 nenas e nenos da provincia da Coruña aprenderán a navegar a vela este verán coa Deputación. Os concellos de Boiro, Outes, Fisterra, Malpica, A Coruña e Ortigueira acollerán este ano, entre o 1 de xullo e o 9 de agosto, os cursos da campaña de vela 2019 da Deputación da Coruña. Nos mesmos poderán participar rapaces e rapazas entre os 9 e os 18 anos pertencentes ao ámbito comarcal de cada un dos concellos que serán sede da actividade.

Os interesados en participar nos cursos deben formalizar a inscrición no seu concello, entregando a ficha de inscrición que pode descargarse da páxina web da Deputación da Coruna (www.dacoruna.gal/deportes), debidamente cumprimentada e asinada polos pais ou titores dos solicitantes. A cota de inscrición será de 25 euros e é obrigatorio saber nadar.

Nos cursos, que terán unha duración de cinco días en quendas de mañá (de 10 a 14 horas) e de tarde (de 16 a 20 horas), realizarase unha iniciación aos principais conceptos teóricos e prácticos da navegación a vela, así como un curso básico da elaboración de nós mariños. A incorporación e regreso ás instalacións naúticas onde se desenvolverán os cursos correrá por conta dos participantes.

As quendas dos cursos e os correspondentes prazos de inscrición son os seguintes:

QUENDA

CONCELLO

PRAZO INSCRICIÓN NO CONCELLO

1ª (do 1 ao 5 de xullo)

BOIRO

Do 03/06/2019 ao 19/06/2019

2ª (do 8 ao 12 de xullo)

OUTES

Do 03/06/2019 ao 26/06/2019

3ª (do 15 ao 19 de xullo)

FISTERRA

Do 03/06/2019 ao 03/07/2019

4ª (do 22 ao 26 de xullo)

MALPICA

Do 03/06/2019 ao 10/07/2019

5ª (do 29 de xullo ao 2 de agosto)

A CORUÑA

Do 03/06/2019 ao 17/07/2019

6ª (do 5 ao 9 de agosto)

ORTIGUEIRA

Do 03/06/2019 ao 24/07/2019

 

Comentarios