Martes. 23.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Outono Rebuldeiro: A Xanela do Maxín

06/out./2019
18:30 h
Casa da Cultura
OUTONO REBULDEIRO 2019 - CARTEIS Vimianzo
Outono Rebuldeiro: A Xanela do Maxín

Xa está en marcha no Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo a programación infantil e familiar, Outono Rebuldeiro, no que os protagonistas serán os máis pequenos. As seis actuacións serán de balde os domingos as 18:30h.

O 6 de outubro será a quenda de A Xanela do Maxín que interpretarán con monicreques e música en vivo o coñecido conto A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza de Werner Holzwarthe traducido ao galego por Kalandraka. Recomendada para nenos e nenas dende os 2 anos.

O 20 de outubro Fran Amil e a súa guitarra acústica falará e cantará cos monstros que habitan nos dous discos de Chuches Amil.

O 3 de novembro Baobab Teatro con Puño Puñete convida a rapazada e aos seus papás e mamás a descubrir un mundo de sensacións e emocións. Puño Puñete é un espectáculo de música en directo, cantigas, contos e tradición oral.

O 17 de novembro Trémola Teatro representará Valente e Rebelde onde os nenos e nenas poderán descubrir a escritora Astrid e a súa incrible personaxe atemporal, Pippi Calzaslargas.

O 1 de decembro pecharase a programación co espectáculo familiar de Malasombra Producións, Os fabulosos Cleaners e o público sorprenderase e gozará dunha sorprendente obra onde as protagonistas son as pompas de xabón.

Ademais dentro do programa Ler conta moito hai programadas actuacións destinadas ao alumnado dos centros de ensino do concello para celebrar o día da Biblioteca, o 24 de outubro. O Mago Pedro Bugarín e o Mago Paco sorprenderán á rapazada con historias cheas de maxia a través dos contos.

Comentarios