Venres. 19.04.2024
El tiempo

O paciente 1 da Costa da Morte por coronavirus sae da UVI dous meses despois: “Non daban un duro por min”

O paciente 1 da Costa da Morte por coronavirus sae da UVI dous meses despois: “Non daban un duro por min”

Era sábado 14 de marzo, apenas un día despois da declaración do Estado de Alarma cando o Hospital Virxe da Xunqueira rexistraba o primeiro positivo por coronavirus. Era un veciño de Fisterra, que estivera en Barcelona nunha excursión do IMSERSO, e despois de varios síntomas o centro ceense fíxolle a proba e confirmou o seu positivo.

Tiveron que pasar máis de dous meses para que José Fernando Carrillo, coñecido como “o Peruano”, saíse neste caso do CHUAC e voltase a casa. Este luns 18 de maio a súa familia foino buscar tras recibir a alta, e volveron xuntos a casa cos 20 kg que perdiu en todo este tempo convertidos en alegría. “Vou contentísimo por ter salvado a vida”, recoñecíanos aínda no coche antes de chegar á súa Fisterra, onde lle esperaba unha comitiva pirata de benvida.

”Non daban un duro por min, pero hai que descubrirse ante a sanidade pública galega. Son grandes profesionais”, asegura con agradecemento sobre tod@s eses sanitari@s que o despediron como un verdadeiro heroe.

Carrillo non lembra o primeiro mes e medio do seu particular confinamento hospitalario, é consciente de que “fun un conejillo de indias, dunha enfermidade da que non sabían nada, non sabían que facerme”.

A familia pasou momentos tremendamente duros, sobre todo pola incerteza de non saber se ía saír con vida, e tamén con algunha desavencencia social. Finalmente todo ten un final feliz, e Fisterra demostroulle o cariño que lle ten a esa persoa que tantas e tantas cousas ten feito pola vila.

Novas relacionadas

Comentarios