Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Paco Souto será o candidato do BNG á alcaldía de Malpica

Paco Souto será o candidato do BNG á alcaldía de Malpica
Paco Souto candidato do BNG a alcaldia de Malpica

Xa imos perfilando candidaturas de cara ás eleccións municipais, mentres Podemos segue camiño da Moncloa en clave estatal. E descubrimos hoxe unha nova cara, unha cara coñecida no mundo da cultura, da poesía, que pasa a convertirse no candidato do BNG de Malpica para as eleccións municipais de maio de 2015.

Así o acordoi onte a Asemblea Local e por unanimidade, e só a falta do trámite de ser ratificada a proposta polos consellos comarcal e nacional do BNG.

Trátase dunha persoa sobradamente coñecida en Malpica e na comarca, percebeiro de profesión ademais de poeta e activista cultural, e militante de moitos anos do BNG onde ocupou diversas responsabilidades ao longo dos anos (sendo na actualidade o Responsabel Local).

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios