Venres. 19.04.2024
El tiempo

PaCOR esixe que o Concello de Corcubión retome o PXOM

PaCOR esixe que o Concello de Corcubión retome o PXOM
Rojo for alcalde Corcubion José Ramón Rojo cos membros da súa lista en PACOR

Hai historias eternas. E o do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Corcubión parece unha delas. Desta volta foi o grupo Partido Autónomo de Corcubión (PaCOR), polo que é concelleiro José Ramón Rojo, o que esixe que se retome o PXOM e se leve á aprobación.

Un Plan que leva en marcha dende 2004, cunhas normas do ano 1989 vixentes, e tras ser rexeitado en 2010 por “unha excesiva permisividade urbanística”, e para o que nin goberno nin oposición dan pasos adiante.

Son máis os temas que esixe o grupo municipal nesta a súa lexislatura de estrea nos plenos. Piden que se aproben contratacións temporais polas pequenas empresas do pleno. Así mesmo, trasladou á Deputación á necesidade dunha furgoneta para Cáritas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios