Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Pactómetro Corcubión (III): Órdagos e decisións de ultima hora

Candidatos de Corcubion
Lalo Insua (PSOE), Alfredo González (Sempre Corcubión), Pepe Ansede (BNG) e Paco Rojo (PACor) continúan mantendo a alcaldía nunha incógnita
Pactómetro Corcubión (III): Órdagos e decisións de ultima hora
Pactómetro Corcubión (III): Órdagos e decisións de ultima hora

A dous días do pleno de investidura deste sábado 15 de xuño (a partir das 12:00 teremos un carrusel electoral do máis intenso) en Corcubión pode pasar de todo. Nun concello tan pequeno, os voceiros das 5 candidaturas, que acadaron representación plenaria, poderían chegar a votarse a si mesmos, deixando outra lexislatura ao PSOE cun goberno de minoría que estiraría a complicada parálise municipal xerada nos últimos anos.

Dúas vías mantéñense abertas para acadar unha estabilidade necesaria: un hipotétito tripartito BNG-Sempre Corcubión-PACor ou goberno bipartito entre PSOE e BNG que acabase con históricas porfías case que familiares.

A vía do tripartito parecía ir caendo polo propio peso que teñen as dedicacións exclusivas que lle piden ao BNG os grupos menos votados. Unhas esixencias absolutamente insalvables para un concello onde non se pode falar de soldos políticos cando faltan traballadores municipais.
Pero esta mesma mañá, Alfredo González, de Sempre Corcubión tendía o órdago ao BNG. “Imos votar, sen condición ningunha, a favor do BNG. Nós imos facer todo o posible para que se chegue a un entendemento, tócalle a eles mover ficha”, deixando a pelota no tellado dun BNG que ten pensado votarse a si mesmo pero aínda está pendente do que decida a militancia na noite do venres.

En todo caso, a vía que se formula como máis real é a dun histórico goberno de PSOE e BNG. A día de hoxe (xoves 14:00h) non hai pechado pero a man do PSOE está tendida, e a liña dos gobernos bipartitos na Deputación e outros concellos como Fisterra marcan o camiño que rompería con anos de rencillas históricas. “Todas as bases do PSOE está pola estabilidade, por arrancar de novo, e poñerse a traballar, polo ben de todos os corcubioneses para chegar a unha estabilidade por unha vez por todas”, sinala o alcalde Lalo Insua, explicando que as máis de 100 persoas que forma o grupo socialista municipal apoia esa coalición. “A vontade é boa, pero a verdade é que aínda non chegamos a un acordo, e iso que levamos tres semanas dende as eleccións”.

Dende o BNG vén viable, real, esa vía, pero teñen claro que se van votar a si mesmos, o que colocaría, se non hai sorpresas, a Lalo Insua como alcalde por ser a forza máis votada. Unha decisión que en todo caso, as bases nacionalistas teñen ratificarán na asemblea da noite do venres. “A partir de aí, sentarémonos a falar co PSOE a ver se posibilidades de chegar a novos acordos, baseados nun programa de goberno con prioridade a proxectos como Centro de Día, PXOM…”, sinala Pepe Ansede, candidato do BNG.

 

Todas as novas das Eleccións

 

Comentarios