Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Pactómetro Corcubión (IV): Rojo decide Corcubión ante os eternos problemas de entendemento entre PSOE e BNG

Paco decidira a alcaldia entre Lalo Insua e Pepe Ansede
Paco Rojo (PACor), no centro, parece terse decidido por investir a Lalo Insua (PSOE) por diante de Pepe Ansede (BNG)
Pactómetro Corcubión (IV): Rojo decide Corcubión ante os eternos problemas de entendemento entre PSOE e BNG

Algo se fixo mal en Corcubión cando o que decide a alcaldía é Ramón Rojo. Cando parecía que PSOE e BNG romperían con anos de rifas político-familiares e ían conseguir unir forzas polo ben de Corcubión, as desconfianzas de antano e os órdagos de última hora deixan en mans do único edil do grupo de PACor a alcaldía.

Un edil que se presenta fundamental para un hipotético tripartito entre BNG-Sempre Corcubión e o propio PACor, polo que o seu voto é chave na investidura se o BNG non vota a favor do PSOE.

As conversas entre PSOE e BNG marchaban por bo camiño a comezo de semana, camiñando por fin na senda dunha estabilidade que hai anos necesita o concello. A idea do BNG era sentarse a partir do luns para entrar nun hipotético goberno de coalición.

Pero o BNG mantense na firme decisión de votarse a si mesmos no pleno de investidura do sábado, ao non renunciar á alcaldía, a pesar de vetar todas as esixencias de Rojo. O órdago de Alfredo González de onte sinalando que votaría, sen condicións, ao BNG, fixo saltar todas as alarmas no PSOE, ao ver que se Rojo tamén vota ao BNG finalmente sería Pepe Ansede o alcalde investido.

Deste xeito, o PSOE paralelamente comeza as negociacións con Rojo, que onte xa ía contando polos bares que tiñan un papel asinado co partido socialista onde se lle reservaría a terceira tenencia de alcaldía e unha concellería.

Unhas negociacións que non sentaron nada ben no seo do BNG, que ten esta noite de venres unha asemblea ca militancia na poderán escoller entre a estabilidade dun pacto co BNG, ou a liña máis complicada, convertindo a Rojo no elemento que decide a balanza.

Un Rojo que esta noite debatía coa almofada para decidirse, e parece que se levantou co pé vermello, por diante do azul, pois esta mesma mañá estaba apurando no concello “os últimos flecos para chegar a un acordo bo para o pueblo. Hai boa sintonía, xa está o tren circulando ata a estación e mañá se saberá a decisión definitiva”. Unha decisión que parece evidentemente a de apoiar ao grupo socialista na investidura. A cambio de que? Aínda que se fala dunha concellería, teremos que esperar para confirmalo.

Todas as novas das Eleccións

 

Comentarios