Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Pactómetro: Coristanco

O 15 de xuño teñen que estar constituídos os novos plenos de cara á nova lexislatura. 9 dos 18 Concellos costeiros vivirán unha prácida entrada, onde teñen maioría absoluta o PSOE (Camariñas, Dumbría, Muxía e Ponteceso), BNG (Carballo, Mazaricos e Zas) e PP (Cabana e Laxe).

Outros concellos fican pendente de posibles pactos. Xa vimos como está a cousa en CarnotaCeeCorcubiónFisterraMurosMalpica, Santa CombaVimianzo. Hoxe toca irmos ata Coristanco.

Candidatos en Coristanco
Pensado Plágaro (AVLC), Juan García (PP) e Amancio Lavandeira (TEGA), candidatos de Coristanco
O Pactómetro: Coristanco

Goberno do PP, en minoría ou en coalición

Os Os resultados das Eleccións en Coristanco deixan un panorama bastante aberto. O novo PP de Juan García mantense como primeira forza pero perde un concelleiro por mor dos 553 que se levou Pensado Plágaro a ALVC, que o colocan como terceira forza con 2 edís. Entre ambos sitúase o grupo de Amancio Lavandeira, o que foi alcalde con Terra Galega ata a esperpéntica moción de censura na que os edís populares de Plágaron apoiaron a investidura do socialista Abraham Gerpe, supoñendo ademais a expulsión de todos eles dos seus partidos.

Un Gerpe que tamén co seu novo partido, Contigo Somos Democracia, consegue manterse co seu escano no pleno, como fan o BNG de José Antonio Andrade e o PSOE de José Manuel Pérez Abelenda. Fóra quedaron as listas de Ciudadanos e de Marea Coristanco.

Cun pleno tan fraccionado, a opción máis probable será un goberno en minoría do PP, pero despois desta complicada lexislatura, gobernar sen unha maioría estable pode parecer complicado. En todo caso, un pacto alternativo ao PP semella inviable trala mala relación dos candidatos de TEGA e AVLC, polo que a formación dunha coalición só podería levar o nome de PP en primeiro plano.

Dende o propio PP Juan García, amósase “moi satisfeito polos resultados vendo o escenario complicado, con moitos competidores e con xente que xa leva tempo en política, e nós cun grupo novo, sen experiencia en política, e ao final somos primeira forza, quedando moi cerca do 6º concelleiro”. García destaca que o PP tivo mellores resultados nas municipais que nas Xerais, e considera clave a “campaña limpa que fixemos, pois a xente en Coristanco estaba cansada desa forma de facer política, e quixemos facer a campaña en positivo, en clave de propostas, e preguntándolle á xente que necesitaba, para despois preparar unha estratexia, un programa que poida solucionar os seus problemas”. García ten claro que ”a mellor maneira de revitalizar Coristanco é creando emprego, e para iso necesitamos espazo industrial. E detrás diso irán chegando os servizos”.

Sobre os posibles pactos, García deixa claro que “a nosa idea non é propoñer un goberno de coalición. Pola miña cabeza non pasa facer un pacto, pero aínda non falei con ninguén, e todo pode pasar despois de comezar, esta semana, a rolda de contactos co resto de partidos, que tamén teremos que ver que nos din. Porque a nosa idea é gobernar, aplicar o noso programa de goberno, e é certo que sen unha maioría é máis complicado. En política serve falar sempre, polo que hai que conseguir chegar a acordos, puntuais, e daríamos unha boa mensaxe se en moitas cousas votamos con unanimidade”.
García, en todo caso, deixa aberta a fiestra e sinala que “chego a política sen inimigos, e espero non facer inimigos tampouco na política. Non poño ningunha liña vermella para facer cousas, veñan de quen veñan”.

Un dos pactos máis posibles sería o do PP con TEGA, un dos partidos que máis representación perdeu, que pasou de 5 a 3 edís (máis de 500 votos). Nese sentido Amancio Lavandeira deixa claro que “nós aspirábamos a ter unha maior representación, fundamentalmente polo traballo feito polo goberno e a oposición. Temos que traballar na oposición”, Nós non imos intentaríamso formar ningún tipo de goberno tripartito ou cuatripartito, despois da experiencia que tivemos, así que imos deixar gobernar á forza máis votada. En 2015 foi importante para quitar a maioría histórica de Pensado Plágaro pero a experiencia da lexislatura dinos que non é bo facer acordos con partidos que xa nos deixaron sós no goberno”.

Nós estamos abertos a falar coa xente, pero que ten que dar os pasos é a lista máis votada. A partir de aí decidiremos que facer, pero vista s situación de Coristanco, con esta atomización de tantos partidos, o goberno terá que facelo co maior respaldo posible. Eu buscaría un goberno forte, dende logo, sobre todo despois do que pasou nestes últimos dous anos”.

Nunca nos pechamos a dialogar, non temos liñas vermellas, pero parece evidente que con Plágaron TEGA non vaia gobernar. “Hai que darlle carpetazo aos gobernos de Plágaro e Abraham, e hai que ter altura de miras”.

Ademais, Lavandeira deixa claro que “a miña relación con Juan García non é para nada mala, como se quixo dicir por algún mentideiro”.

Outra das forzas que tamén caeron foi o BNG. José Antonio Andrade, absolutamente novo na política, decátase do “difícil que é chegar ao electorado rural. Un ten a impresión que moita xente segue votando en clave de devolver favores. É lamentable pero é unha realidade social”. O grupo non conseguiu o segundo edil que mantería no pleno unha muller con experiencia como Laura Mariño. En todo caso, asegura que “imos facer, como sempre fai o BNG, unha oposición seria, crítica pero construtiva”.
Sobre a sesión de investidura, sinala que “en Coristanco todo podo pasar, porque este é un concello especial, se ben un goberno alternativo ao PP paréceme imposible a pesar do que din as matemáticas. Eu creo que o PP vai ter que gobernar en solitario, coas dificultades que iso provoca”.

Todas as novas das Eleccións

Comentarios