Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Pais e nais debaten no Instituto

Pais e nais debaten no Instituto

O pasado luns 21 rematou a súa actividade por este curso o “Grupo de encontro e debate” no IES Pedra da Aguia, da Ponte do Porto, Camariñas. Un grupo que veu funcionando ao longo de todo o curso, por terceiro ano con secutivo, reunindo a pais/nais, profesores e orientadora do centro, para tratar temas relacionados coa adolescencia e a educación.

Ao longo das sesións deste curso a Biblioteca do centro contou coa colaboración de diversas entidades, entre elas o propio Concello e a Asociación Neria. Ademais, na reunión final estiveron presentes os responsables e usuarios das asociacións Aspem, Aspadex e Integro.

Como outros anos a coordenación do grupo correu a cargo da profesora Silvia Lijó, contando en todo momento coa colaboración e os medios da biblioteca do centro e o seu responsable, Emilio Roca.

Sesión final con proxección

Como colofón aos programas destinados a establecer relacións entre as familias e o centro, este xoves 24, terá lugar a proxección da película “Mar adentro”, última deste curso dentro da actividade “Cine para falar”, actividade á que asisten conxuntamente alumnos e familiares, xunto co profesorado mencionado. Á proxección seguirá, como é habitual, un coloquio para expoñer os diferentes puntos de vista, nesta ocasión sobre os riscos de determinadas actividades.

O IES Pedra da Aguia dá Vitaminas para o galego

E aproveitamos para deixar constancia das orixinais vitaminas para o galego que os pequenos camariñáns aportaron co gallo da campaña Vitaminas17 no marco das Letras Galegas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do IES Pedra da Aguia.

Comentarios