Venres. 19.04.2024
El tiempo

Papiroflexia abre o 1º Ciclo de Teatro Amador Galego AMATEGA 

Papiroflexia no 1º Ciclo de Teatro Amador Galego AMATEGA 
Papiroflexia abre o 1º Ciclo de Teatro Amador Galego AMATEGA 

O domingo 20 de outubro ás 20:00h na Casa de Cultura de Corcubión dará comezo o 1º Ciclo de Teatro Amador Galego AMATEGA (FEDERACIÓN DE TEATRO AMADOR GALEGO) coa estrea da obra “Papiroflexia” de Fernando Castro Paredes, recentemente galardoado co Premio de Teatro “Rafael Dieste” convocado pola Deputación da Coruña. A representación será levada a cabo pola compañía “Farándula Velutina” pertencente á asociación cultural corcubionesa “As Nove Musas” da que é membro o escritor.</p>

AMATEGA quere con este ciclo achegar o Teatro Amador á cidadanía, e poñer de manifesto o traballo dos seus socios. Desde a federación agradecen aos concellos colaboradores a boa acollida a esta iniciativa.

Comentarios