Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Pasarela da Fervenza do Ézaro supera a proba de carga e está case lista para abrir

Proba de carga na Pasarela do Ezaro-Foto-Jorge Castro
Superada da proba de carga na Pasarela da Fervenza do Ézaro-Foto-Jorge Castro
A Pasarela da Fervenza do Ézaro supera a proba de carga e está case lista para abrir

Esta semana pasou, con éxito a proba de carga a nova Pasarela do Ézaro. Un proxecto ambicioso de máis de 650.000€ que arrincaba o pasado mes de abril de 2019, e que xa albisca o seu remate.

Esta semana o Concello vai recepcionar a obra, e vai intentar que quede aberta canto antes. “É un servizo e como tal cando primeiro poñamos en marcha moito mellor”, explica o alcalde José Manuel Pequeño, “pero non a inauguraremos ata que remate o período electoral”. “É unha de importancia, de moito investimento, que facilita o acceso a xentes con problemas de mobilidade, nunha zona industrial, polo que si queremos darlle a importancia que merece. De feito, consideramos que debería de país ser un proxecto asumido polo goberno da Xunta, porque é como se o Concello de Dumbría tivese que facer a parte da Autopista que pasa polo seu Concello…” reflexiona Pequeño sobre a importancia de acondicionar os accesos a un recurso turístico tan importante para Galicia como a Cascada do Ézaro.

O alcalde quixo parabenizar ao enxeñeiro, Antonio González Serrano, toda unha eminencia na materia de pasarelas, “que foi capaz de facer o proxecto dunha instalación con deseño, moi integrada co entorno, e de gran calidade”.

Proba de carga na Pasarela do Ezaro-Foto-Jorge Castro1
Foto: Jorge Castro

A pérgola

Ao mesmo tempo, continúan as obras da pérgola, outra importante obra na zona da fervenza de 405.490 euros de orzamento. A día de hoxe están traballando ca cimentación, mentres en taller preparando a estrutura metálica. Antes do verán esperan tela lista (o prazo debería ser de 3 meses e comezaban a mediados de xaneiro), pero aínda non se farán as concesións das 8 casetas, que este verán se utilizarán como soporte para as diferentes propostas turísticas da zona.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios