Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os pasos da historia: Unha década dos nosos montes en imaxes

Exposicion de Senda Nova en Carballo
Exposicion de Senda Nova en Carballo
Os pasos da historia: Unha década dos nosos montes en imaxes
Os pasos da historia: Unha década dos nosos montes en imaxes

Emotiva a presentación da exposición que Senda Nova estreou na sala de exposicións do andar -1 do Pazo da Cultura. Os Pasos da Historia estará aberta ata o 20 de xuño de luns a domingo de 17 a 21h. É unha boa ocasión para ver, en 55 imaxes, os 10 anos do programa Primavera en Ruta, co que a comprometida entidade medioambiental leva achegando a natureza a centos e centos de bergantiñáns durante a última década.

Xosé Regueira, concelleiro de turísmo do Concello de Carballo, Miguel Vales, concelleiro de medioambiente e Carmen Castro, animadora cultural do Concello de Carballo, acompañaron á Eva Cameán como representante de Senda Nova, na que Xosé A. Andrade e Jose M. Menéndez profundizaron nos contidos da mostra.

Cameán deixou que este é o programa máis lonxevo da entidade, que serve ademais para marcar tamén unhas liñas de traballo e tamén dende a responsabilidade de realización de actividades necesarias para a potenciación do patrimonio e que non estivesen sendo tratadas por outras entidades.

Nas 55 imaxes (das 4.000 que había) que plasmadas experiencias de máis de 1.600 km percorridos polos montes da comarca nestas andainas, que vos vai deixando a evolución da paisaxe.

Novas relacionadas

Comentarios