Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Pechada a Casa do Concello de Ponteceso por un positivo de COVID

Casa do concello de Ponteceso
Pechada a Casa do Concello de Ponteceso por un positivo de COVID

Ponteceso está en nivel de alerta 0 por COVID. Ten menos de 7 casos activos, pero un deles vén de obrigar o peche da casa consistorial. Unha persoa que traballa nas oficinas do Concello pontecesán vén de dar positivo por covid-19, situación ante a cal o Concello decide pechar as oficinas ata novo aviso, así como as da Biblioteca.

Agora a atención será de xeito telefónico  de 9.00 a 14.00 horas, e a través da sede electrónica https://sede.ponteceso.gal/ as 24hs.

O Concello invita a todas as persoas que acodiron ao Concello estes días que sigan as recomendacións xerais.

NOVAS RELACIONADAS

 

Comentarios