Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Pechados os albergues de Fisterra e Corcubión polas chinches

Pechados os albergues de Fisterra e Corcubión polas chinches

Aí están, ducias de peregrinos buscándose a vida polos establecimentos hostaleiros, legais e non tanto, da vila de Fisterra. I é que os dous últimos albergues do Camiño de Santiago están pechados. Pechados por chinches, chinches peregrinas.

Durante o día de onte o Albergue dos 100.000 peregrinos tivo que recibir unha boa sesión de desinfección. Varios homes con "metralletas" de veleno entraron para eliminar todo resto destes incómodos chinches das camas, que gustan tando de chupar o sangue dos peregrinos mentres durmen.

Parece ser que oas chinches chegan, nada menos que dende Francia, pasando de albergue en albergue, de cama en cama, facendo o camiño.

Unha historia repetida

Non é a primeira, nin será a última lamentablemente, que ocorre. Xa no 2008, o albergue fisterrán, como outros da península, tiveron que manter pechados e facer unha boa sesión desinfectante. Tamén no 2010 a Xunta propuxo unha revisión conxunta dos albergues do país para evitar as plagas destes insectos neópteros.

Agora, tanto o albergue de Corcubión coma o de Fisterra estarán un par de días para que os velenos fagan efecto, e os vindeiros peregrinos poidan durmir tranquilos, disfrutando da emotividade desta viaxe ata a fin do mundo. Polo de pronto, apuntan que o de Corcubión volverá a abrir as súas portas o vindeiro venres 30 de setembro.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios