Mércores. 24.04.2024
El tiempo

PATRIMONIO

Pedra Cuberta afeita as barbas

Asi queda Pedra Cuberta
Así queda Pedra Cuberta
Pedra Cuberta afeita as barbas

A excavación e a posta en valor do Castro das Barreiras, o mantemento dun vivo Castelo de Vimianzo, a organización do simposio do megalitismo, a reivindicación dos Penedos de Traba e Pasarela, a aposta polo turismo cultural como as rutas guiadas polas antas… Son varias as demistración da decidida aposta do Concello de Vimianzo polo patrimonio, e así hai que recoñecelo. Esta pasada fin de semana volveu demostralo cunha simple acción: acondicionar o contorno dunha mámoa.

O equipo de arqueólogos contratados polo Concello fixo accesible a zona do dolmen Pedra Cuberta, un dos fitos da Ruta das Antas. Unhas tarefas de limpeza da que poden tomar nota outros concellos da zona, ou mesmo Patrimonio da Xunta, pois permitirá que a contorna se manteña cun céspede como fan noutros países europeos que teñen estes elementos patrimoniais moito máis coidados.

A posta en valor non ficou aí, pois o Concello xa artella un completo programa de visitas escolares. Os primeiros cativos xa disfrutaron das historias dos nosos ancestros no mesmo lugar.

Visita escolar a renovada Pedra da Arca

Novas relacionadas

Comentarios