Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os peixes come crebas espállanse polas praias de Carnota

Peixe come crebas contedor ambiental
Os peixes come crebas espállanse polas praias de Carnota

Fermosa iniciativa o Concello de Carnota, de instalar contedores en forma de peixe para a recollida de crebas nos accesos a 5 das súas praias, un en cada parroquia. Son as praias Lariño, Mar de Lira, Carnota, Boca do Río e O Pindo.

Estes contedores teñen o doble obxectivo de manter máis limpas praias ao tempo que conciencias en materia medioambiental, gracias ao cofinanciamento do Fondo de Compensación Ambiental da Consellería de Presidencia.

Cada peixe explica que “só se alimenta de crebas do mar. Non lle deas de comer materias orgánicos nin os teus residuos; deposítaos no contedor máis próximo. Despois recolleremos os residuos e reciclaremolos, porque preservar o medio ambiente é para nós unha cuestión primordial”.

Contedor de peixe en Carnota

Comentarios